A área sanitaria segue crecendo en casos diarios con 63 máis este luns
Por Oskar Viéitez
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés segue creciendo en casos diarios con 63 máis este luns 9 de novembro.
Se manteñen 73 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización. Concretamente son 53 persoas ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 1 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 19 no Hospital do Salnés. Ademais hai 5 pacientes con coronavirus na unidade de coidados críticos do Hospital Montecelo.
Así mesmo, permanecen 1.176 casos evolucionando nos seus domicilios. O número total de contaxiados a día de hoxe é de 1.254 casos activos, o que supón 22 máis que onte domingo.
Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19 curáronse 2.838 pacientes (41 máis que no día de onte ) e faleceron por este virus na área sanitaria 38 pacientes. Os últimos decesos tiveron lugar este domingo en Montecelo, foron un home de 76 anos que presentaba patoloxías previas e unha muller de 88 anos.
En canto a realización de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 719, que se engaden ás 72.978 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.015 deles 1.887 son da área da Coruña, 1.116 da de Lugo, 1.035 da de Ourense, 1.254 da de Pontevedra, 2.469 da área de Vigo, 1.209 da de Santiago, e 1.045 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 94 están en UCI, 511 en unidades de hospitalización e 9.410 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 31.148 persoas curadas, rexistrándose 988 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 752.416.
Relacionadas:
-
Vinte e unha novas mortes, unha delas en Pontevedra, fan que Galicia supere o milleiro de falecidos pola covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
A covid-19 mantén en alerta vermella oito municipios da área sanitaria e segue sumando casos en Poio, Marín e Sanxenxo
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Outros dous falecidos por coronavirus en Montecelo con 88 e 76 anos
Por Oskar Viéitez |