Vinte e unha novas mortes, unha delas en Pontevedra, fan que Galicia supere o milleiro de falecidos pola covid-19
Por Alejandro Espiño
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés suma unha nova vítima mortal pola pandemia da covid-19. Trátase dun home de 68 anos que estaba ingresado no Hospital Montecelo. Así o acaba de confirmar a Consellería de Sanidade.
Con este falecemento son xa 39 as persoas que perderon a vida nos hospitais da área pontevedresa desde o inicio da pandemia.
A deste luns non foi unha boa xornada en Galicia. As autoridades sanitarias notificaron a morte de 21 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus.
Sete faleceron na área de Vigo, tres delas relacionadas coa residencia de Salvaterra de Miño. Eran dúas mulleres de 91 e 85 anos e un home de 78, este último xa ingresado no Álvaro Cunqueiro. Neste hospital morreron outras catro persoas, de entre 83 e 91 anos.
No hospital de Ferrol, pola súa banda, morreron catro pacientes con covid-19 -dous homes de 74 e 81 anos e dúas mulleres de 84 e 89 anos-, e outros catro no hospital da Coruña, todos eles homes de 82 a 98 anos.
Catro foron as vítimas en Ourense. Neste caso, todos usuarios das residencias de Nosa Señora dos Miragres de Barbadás (un home de 72 anos e unha muller de 8); de Os Gozos de Pereiro de Aguiar (un home de 85 anos) e de Salvaterra de Miño (un home de 91 anos).
O reconto deste luns negro complétase cun home de 60 anos, usuario da residencia Remanso de Paz da Fonsagrada, que faleceu no Hospital de Lugo.
Galicia excede con estas 21 novas mortes a barreira do milleiro de vítimas por coronavirus e sitúase en 1.009 falecidos.
Relacionadas:
-
A pandemia deixa xa 40 vítimas na área sanitaria tras falecer unha usuaria da residencia de Ribadumia de 91 anos
Por Natalia Puga |
-
Feijóo apela á "prudencia" e pide agardar "entre oito e dez días" para ver se as restricións funcionan
Por Alejandro Espiño |
-
O total de casos activos na área sanitaria é de 1.247 persoas, 7 menos que o luns
Por Oskar Viéitez |
-
A covid-19 mantén en alerta vermella oito municipios da área sanitaria e segue sumando casos en Poio, Marín e Sanxenxo
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A área sanitaria segue crecendo en casos diarios con 63 máis este luns
Por Oskar Viéitez |
-
Outros dous falecidos por coronavirus en Montecelo con 88 e 76 anos
Por Oskar Viéitez |