A covid-19 mantén en alerta vermella oito municipios da área sanitaria e segue sumando casos en Poio, Marín e Sanxenxo
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Oito municipios da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantéñense este luns no nivel máximo de alerta pola incidencia da covid-19. Trátase de Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Ribadumia e O Grove, os mesmos que xa vivían con esta especial preocupación o pasado venres.
A pandemia mantense controlada en toda a área sanitaria, cun total de 1.254 casos activos, 22 máis que o domingo e un total de 63 novos contaxios confirmados nas últimas 24 horas, aínda que estes son os municipios cunha incidencia acumulada maior no últimos sete días.
A Xunta mantenos aos oito en alerta vermella en atención á cifra total de novos casos confirmados por PCR na última semana aínda que non en todos eles creceron os casos activos na última xornada. É, por exemplo, a situación que viven Vilagarcía, que ten este luns 88 casos activos, un menos que o domingo; e Pontevedra. A cidade do Lérez ten este luns, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, 373 casos activos, 9 menos que o domingo.
En Cambados os casos non descenden, pero tampouco aumentan e este luns hai 61 pacientes coa infeccion activa, os mesmos que o domingo.
No outro extremo sitúanse Poio, Sanxenxo e Marín, municipios nos que non pairan de subir os casos.
En Poio hai 60 casos activos, cinco máis que o domingo, e un total de 183 pacientes en seguimento tras ser contacto estreito dun positivos.
En Sanxenxo tamén hai cinco casos activos máis este luns que o domingo e a cifra total sitúase en 60.
En Marín contabilízanse dous casos activos máis en 24 horas e hai un total de 98, segundo a última actualización facilitada pola Consellería de Sanidade ao Concello.
Ademais destes municipios en alerta vermella, na área sanitaria hai catro concellos no nivel de alerta 2 (laranxa): Ponte Caldelas, Bueu, Soutomaior e Caldas de Reis. Chama a atención o caso de Bueu, que ata a fin de semana mantívose en niveis máis baixos de contaxio e non subira da alerta amarela (nivel 1).
Ademais, Meis, Cuntis, Vilaboa e A Lama mantéñense en nivel de alerta amarela. No caso de Meis, deu un envorco porque ata o venres mantíñase en nivel 0 (verde), mentres que Cuntis confirma unha tendencia inversa, á baixa de casos.
En nivel verde por non sumar novos positivos nos sete últimos días mantéñense Vilanova de Arousa, -que ten 24 casos activos-, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Barro, Portas e Meaño.
Relacionadas:
-
Deciden controlar a temperatura no acceso a edificios municipais de Poio ante o ascenso de casos positivos
Por Redacción |
-
Sanidade mantén oito municipios da área sanitaria en alerta vermella: Cambados rebaixa a preocupación e súmase á lista Soutomaior
Por Redacción |
-
O total de casos activos na área sanitaria é de 1.247 persoas, 7 menos que o luns
Por Oskar Viéitez |
-
Vinte e unha novas mortes, unha delas en Pontevedra, fan que Galicia supere o milleiro de falecidos pola covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
A área sanitaria segue crecendo en casos diarios con 63 máis este luns
Por Oskar Viéitez |
-
Soben os contaxios na área sanitaria, especialmente en Pontevedra, Sanxenxo e Vilagarcía
Por Alejandro Espiño |