Pontevedra desprega os contedores marróns para a compostaxe domiciliaria
Nos próximos días, os pontevedreses comezaremos a ver os novos contedores marróns nas rúas da cidade. Estes recipientes, destinados a depositar os biorresiduos para compostalos posteriormente, poderanse utilizar a partir do próximo luns día 6.
Ese será o día no que a empresa Ferrovial Servicios, responsable da recollida e tratamento de lixos en Pontevedra, active o roteiro de recollida dos restos orgánicos que se poderán depositar nos 65 contedores de de 700 litros que se colocarán pola cidade.
Ata o de agora, o goberno municipal contactou con 255 pequenos e medianos produtores de residuos orgánicos, entre eles restaurantes, froiterías e establecementos de alimentación, que serán os que estreen este novo sistema.
Raimundo González, edil responsable da xestión de residuos, destacou a gran acollida que tivo esta iniciativa, que supón a "terceira pata" do plan municipal de compostaxe, xunto cos centros comunitarios e os composteiros individuais do rural.
De todos os establecementos visitados, só dez -apenas un 4%- non se adheriron ao sistema. Moitos deles, explicou González, porque xa reutilizan estes biorresiduos, entre outras cousas, para alimentar os seus animais.
Todos os que se apuntaron recibirán un pequeno contedor para os seus respectivos establecementos, un dos 125 que haberá de 90 litros ou un de 500 de 45 litros de capacidade. Terán ademais unha chave para abrir os contedores urbanos e poder depositar os residuos.
Este plan ComPOsta ampliarase de maneira progresiva aos domicilios de gran parte do centro urbano, concretamente as áreas nas que non haxa centros comunitarios de compostaxe. Para este caso hai dispoñibles uns 2.400 cubos de 7 litros de capacidade.
O sistema de recollida será moi similar, agás que neste caso cada domicilio contará cunha tarxeta electrónica, similar ás bancarias, para poder abrir os contedores, onde poderán baleirar os seus cubos a calquera hora do día. A recollida será de luns a sábado.
Persoal de Ferrovial Servicios visitará cada domicilio, dentro da zona de cobertura do sistema, para explicar aos cidadáns como participar deste proxecto piloto. Ademais, toda a información pódese consultar na páxina web https://compostaxe.pontevedra.gal/.
O despregamento deste sistema, segundo o concelleiro do BNG, " vai segundo o previsto", polo que confía que ao longo deste mes de xullo quede totalmente implantado.
Poderán participar neste proxecto os domicilios que estean dentro do perímetro que forman as rúas Loureiro Crespo, José Malvar, Fernando Olmedo, Cruz Vermella, o centro histórico, Arcebispo Malvar, Pardo Bazán, Alfonso XIII, Paseo de Colón, Alameda, Riestra, Augusto González Besada, Andrés Mellado, Sagasta, Joaquín Costa e A Estrada. Tamén se integran rúas como Pai Gaite, San Antoniño, Perfecto Feijóo, Casimiro Gómez ou A Seca.
Relacionadas:
-
Sete novos composteiros comunitarios para celebrar o Día Mundial pola Redución das Emisións de CO2 en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Un ano do colector marrón: 730 toneladas, 2.155 fogares e 5.500 pontevedreses
Por Manu Otero |
-
Uns 1.000 domicilios e establecementos de Pontevedra participan xa no programa Composta
Por Redacción |
-
Este luns 17 volven as visitas a vivendas particulares dentro do Plan Composta
Por Redacción |
-
Pontevedra "non se pode permitir", segundo o PP, a imaxe de ratas pola cidade
Por Redacción |
-
A compostaxe a domicilio xera xa 1,3 toneladas diarias de residuos orgánicos
Por Alejandro Espiño |
-
Os contedores marróns do centro histórico só se colocarán de noite
Por Alejandro Espiño |
-
Comeza a colocación e reparto dos colectores marróns
Por Oskar Viéitez |
-
Campolongo estrea composteiros comunitarios
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Xa se poden empregar os novos composteiros da Parda e de Valdecorvos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O 6 de xullo comezará a recollida de residuos para compostar no centro histórico e no ensanche da cidade
Por Anxo Lourido |
-
Implantan en Pontevedra un proxecto piloto para impulsar a compostaxe doméstica
Por Alejandro Espiño |