Comeza a colocación e reparto dos colectores marróns

Por Oskar Viéitez
A Concellaría de xestión de Residuos, que dirixe Raimundo González Carballo, iniciou este sábado a colocación e reparto dos novos colectores e caldeiros marróns aos establecementos comerciais que participan no Plan Composta, un programa experimental de recollida de biorresiduos nos comercios e domicilios particulares dunha ruta preestablecida a través de colectores marróns colocados nas illas de reciclaxe da cidade.
A entrega realizase durante a xornada do sábado e na mañá do luns. De feito, xa se instalaron os colectores grandes no Mercado de Abastos e entregaronse cubos de 90 e 45 litros tamén na praza, considerada unha gran productora. Completado o Mercado, continuouse o reparto pola zona monumental.
A colocación dos colectores na rúa farase durante toda a fin de semana e tamén na xornada do luns, para que a primeira recollida sexa na tarde-noite do mesmo luns.
O Concello porá na rúa entre 60 e 65 colectores marróns de 700 litros cun dispositivo de peche automático que permitirá a súa apertura a todas as persoas que participen no plan e que dispoñan da tarxeta “composta” para abrila. Tamén distribuirá 125 cubos de 90 litros, 500 de 45 litros e 2.400 de 7 litros. Os dous primeiros pensados para establecementos comerciais e ou último para os domicilios particulares. Todos recibirán bolsas compostables e unha tarxeta-chave para depositar o lixo no colector de rúa.
Na xornada do venres tamén comezou o reparto de información en todos os domicilios de particulares da ruta. E a partir do luns, empezarán as visitas presenciais ás vivendas que se prolongarán até finais de setembro xa que a previsión é facer unhas 3.500 visitas.
A campaña de sensibilización nos fogares comezará tendo como punto central a praza da Peregrina, e dende aí irase estendendo ao resto de rúas.
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN
Composta é un programa experimental de recollida de residuos orgánicos en vivendas e produtores singulares da cidade. É a terceira vía do programa de compostaxe (xunto ao plan individual e ao comunitario) voluntario e totalmente gratuíto, que recollerá biorresiduos depositados no colector marrón por unha parte da cidade na que non existe opción de tratamento individual nin compostaxe colectiva, seguindo unha ruta de recollida.
Os medios dos que disporá Composta é dun camión específico de recollida, entre 4 e 5 traballadores en exclusiva para este servizo experimental.
O Plan Composta ponse en marcha cunha ampliación do contrato coa empresa concesionaria, Cespa, que supón no primeiro ano 540.000 euros (440.000 euros + 99.000 euros de tratamento dos residuos en planta de compostaxe) e no segundo 458.000 euros (358.000 euros + 99.000 de tratamento). A continuidade do proxecto xa estaría enmarcado dentro do futuro contrato do lixo de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O PP solicita un estudo para resituar os contedores de lixo ao entender que "atentan contra o comercio"
Por Redacción |
-
Este luns 17 volven as visitas a vivendas particulares dentro do Plan Composta
Por Redacción |
-
Estudan ampliar os centros de compostaxe de Campolongo tras un "espectacular arranque" do servizo
Por Redacción |
-
Os contedores marróns do centro histórico só se colocarán de noite
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra desprega os contedores marróns para a compostaxe domiciliaria
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
187 establecementos do centro da cidade súmanse ao Plan Composta
Por Redacción |