Protección Civil desinfecta as rúas de Cuntis
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cuntis continúa aplicando medidas especiais de loita contra o COVID-19. Dentro destas accións atópanse os traballos especiais de limpeza e desinfección que xa se levaron a cabo nos últimos días nalgúns parques e zonas infantís e que se ampliaron este xoves a diferentes rúas do casco urbano.
O operativo está sendo desenvolvido polo persoal municipal de Protección Civil e como sinalou o alcalde, Manuel Campos, ten o obxectivo de manter nas mellores condicións de seguridade e salubridade as rúas para evitar contaxios e a posible propagación do virus.
Campos considera que "todas as medidas que se tomen nun momento de tanta urxencia son necesarias e por iso dende o goberno de Cuntis estamos facendo todo o que está nas nosas mans para frear o avance do coronavirus e previr contaxios".
Os traballos especiais de limpeza desenvolvéronse este xoves en zonas especialmente sensibles nestes días como son supermercados e tendas de alimentación, para minimizar o impacto que poida ter o COVID-19 na vía pública.
Máis aló das medidas especiais de desinfección o Concello traballa noutras iniciativas coas que afrontar a situación de alerta polo coronavirus. Así, está en funcionamento un servizo de atención continua ás persoas maiores, dependentes ou vulnerables, do que se pode facer uso para mercar alimentos, medicamentos, produtos de hixiene ou ante calquera situación de urxencia a través dos teléfonos 986 54 80 05 ou 647 41 19 80.
ATENCIÓN ADMINISTRATIVA
Por outra banda, o Concello lembra que está suspendida a atención administrativa presencial e que se mantén a atención telefónica ou telemática vía sede electrónica. Os prazos e procedementos administrativos quedan tamén suspendidos mentres dure o estado de alarma.
O alcalde mostrou o seu agradecemento a todos os membros de Protección Civil e da Policía Local "pola súa gran contribución na loita contra o coronavirus" e tamén lle deu as grazas á veciñanza "polo excelente comportamento durante estes días de emerxencia".
Relacionadas:
-
Cuntis retoma a desinfección de rúas para combater á Covid-19
Por Redacción |
-
Cuntis destinará 10.000 euros a familias sen recursos para adquirir comida ou medicamentos
Por Redacción |
-
Manuel Campos, alcalde de Cuntis: "O de Cuntis é un pobo forte e demóstrao sempre ante a dificultade"
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Cuntis continúa coa desinfección dos principais lugares de paso
Por Redacción |
-
Campo Lameiro desinfecta os principais lugares de paso da vila
Por Redacción |
-
Desinfectan varios puntos do municipio de Cerdedo-Cotobade
Por Sara Iglesias |
-
Os concellos tratan de blindarse ante a expansión do coronavirus en Galicia
Por Alejandro Espiño |