A Deputación dará atención prioritaria a Príncipe Felipe ante a epidemia de coronavirus
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o vicepresidente da institución provincial, César Mosquera, compareceron este venres en rolda de prensa tras manter unha reunión co Comité de Seguimento do Covid-19, na que se estableceu como "prioridade" a atención ao Centro Príncipe Felipe.
Trátase dunha institución, de carácter educativo e social, que está concibida para acoller e formar a aqueles nenos e mozos en situación de risco ou exclusión social, e que ademais traballa no ámbito da educación (Primaria, Infantil e Formación Profesional) e tamén se ocupa dos deportes.
Carmela Silva explicou que a Deputación incrementará a vixilancia de entradas e saídas e tentará reforzar o persoal sanitario, ademais os menores residentes terán medidas de restrición "e solicitaremos que os do centro de día con vulnerabilidade poidan ser residentes tamén", indicou. "É a nosa maior preocupación", insistiu.
O goberno da Deputación de Pontevedra tamén decidiu pechar ata novo aviso todas as oficinas de turismo dependentes da institución, así como todas as dependencias do Servizo ORAL na provincia. A presidenta Carmela Silva asinou este venres a súa sétima resolución en tres días para suspender de xeito
indefinido a atención presencial ao público.
Atendendo as recomendacións das administracións competentes, o goberno provincial está a aplicar unha serie de medidas "sen facer ningún tipo de cuestionamiento", segundo destacou Carmela Silva xa que, segundo dixo, "é o momento de traballar conxuntamente".
Neste sentido, engadiu César Mosquera que "nestes momentos temos que pensar: que é o que podemos facer nós polo sistema sanitario público?", dixo o vicepresidente da Deputación #ante a posibilidade de que a propagación do virus "supere e desborde as capacidades do sistema sanitario público" e para evitalo, "todos temos un papel fundamental".
Carmela Silva e Mosquera convidaron aos integrantes do grupo provincial do Partido Popular a sumarse a este Comité de Seguimento do Covid-19 que se reunirá dous días á semana.
"Este é un momento para a serenidade, a confianza nas autoridades competentes sanitarias e tamén de responsabilidade de todas e de todos", engadiu Carmela Silva.
A presidenta tamén informou da reunión mantida polo deputado delegado de Réxime Interior e Persoal cos xefes de servizo de cada un dos departamentos da administración provincial para coordinar a aplicación das medidas postas en marcha, entre elas as que teñen que ver co día a día dos propios funcionarios.
Finalmente, a presidenta provincial ha instado á cidadanía para seguir de maneira rigorosa as recomendacións do Goberno central e das autoridades sanitarias e insistiu especialmente no consello de "quedarse na casa".
Relacionadas:
-
Reforzan as medidas de desinfección e protección e o persoal do Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
A Deputación contrata Netflix e Disney+ para os menores do Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
Dá negativo o caso sospeitoso no Centro Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación axilizará os seus pagamentos para inxectar liquidez en empresas e autónomos
Por Redacción |
-
A Deputación modifica as axudas de emerxencia para os concellos
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación fixa "persoal crítico" e mantén toda a actividade no Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
Actividade non presencial na Deputación salvo nos servizos esenciais
Por Oskar Viéitez |
-
Decretado o estado de alarma en toda España para frear o coronavirus
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
O Museo de Pontevedra tamén pecha ata novo aviso polo coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación cancela polo coronavirus os eventos "masivos" e recomenda evitar "consultas presenciais"
Por Alejandro Espiño |