María Pierres encabeza a candidatura elixida pola militancia socialista para as eleccións do 5 de abril
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A agrupación local do Partido Socialista en Pontevedra elixiu este martes ás persoas que integrarán a lista provincial coa que o PSdeG-PSOE concorrerá ás próximas eleccións autonómicas do 5 de abril que encabezará María Pierres, seguida de Rafael Cotelo, Patricia Vilán, Carlos Cancela, Paloma Castro e Héctor Santaló
Na asemblea celebrada na Residencia de Estudantes de Pontevedra os afiliados emitiron 166 votos, con dous en branco e cero nulos.
En mulleres conseguiu o maior número de votos María Pierres, con 100, seguida de Paloma Castro, con 69 e Patricia Vilán, 57: mentres que en homes, Rafael Cotelo obtivo 92, Santaló, 60, e Cancela, 52.
Cada militante tivo que propoñer 8 homes e 8 mulleres, contando para iso con tres tipos de papeletas: unha cos nomes de Pontevedra exclusivamente, outra con outras agrupacións da comarca e unha papeleta mixta cun sistema de listas abertas.
- María José Vales (Vilanova de Arousa): 25
- María Luz Santiago (Marín): 20
- Olga Rodríguez Puga (Redondela): 17
- Isaura Abelairas (Vigo): 16
- Leticia Gallego (Vigo): 5
- Manoel Loureiro (Cotobade): 46
- Daniel Chenlo (Pontecesures): 31
- José Antonio Dono (A Estrada): 11
- Daniel Ricart (Vigo): 9
- Javier Carballo (Valga): 5
O proceso de elección da candidatura dos socialistas remata o venres, día 28. Arrancou coa celebración das asembleas en tódalas agrupacións locais da provincia entre os días 22 e 25 nas que se postularon os militantes. A Comisión Executiva Provincial, á luz das votacións e de consultas con tódalas direccións, fará a súa proposta de candidatura o mércores, día 26. A Executiva Nacional fará o propio coas candidaturas das catro provincias galegas o día 27 e, finalmente, o Comité Federal dará a aprobación final o venres, día 28.
Relacionadas:
-
Caballero promete desde Pontevedra gratuidade en escolas infantís e en primeiras matrículas en universidade
Por Redacción |
-
Carmela Silva, sobre a candidatura do PSOE para o 5A: "Se a min me dixeran 'fai ti unha lista', eu faría esta"
Por Natalia Puga |
-
O PSOE defenestra tamén a María Pierres e coloca a Paloma Castro de número 3 para o 5A
Por Redacción & Natalia Puga |
-
Luís Bará repetirá como número 1 do BNG pola provincia de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Comité Executivo Provincial do PSOE elabora a candidatura por unanimidade
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas comezan a elaborar a candidatura pontevedresa
Por Redacción |
-
Os políticos locais, "preparados" para afrontar o adianto electoral en Galicia
Por Alejandro Espiño |