As Conversas na Ferrería entran en terreo taurino con motivo da celebración da Feira da Peregrina 2019. Para este primeiro faladoiro participan no estudo Pepé Maquieira, xestor da web Taurophilos; Raquel Lorenzo, novo afeccionada da peña Que Dios reparta suerte; Raúl Martínez, membro da Peña Miuras e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra.
Vía telefónica charlamos conSergio Martínez, que xunto a Gonzalo González dirixen a Escola Taurina de Albacete á que pertencen os dous mozos que compartían festexo na becerrada do sábado 3 de agosto: Alberto Garijo e Manuel Caballero. Tamén falamos coa terceira moza acartelada, da Escola Taurina de Guadalajara, Carla Otero, que causou unha sobresaliente imprensión durante a súa lida no coso de San Roque.Ademais de confirmar o bo estado físico de Garijo que sufríu unha contusión durante lídaa; durante a charla ponse sobre a mesa unha proposta: acoller na praza pontevedresa algún tipo de certame con promesas do toureo.
Para falar da próxima fin de semana taurina na cidade contamos co toureiro revelación da tempada, Pablo Aguado. O mestre sevillano comentou en PontevedraViva Radio da súa presenza na Feira da Peregrina: "espero ver todas esas cousas boas que me contaron da afección de Pontevedra porque iso aos toureiros achéganos moita confianza. Para min será unha data especial".