
© Cristina Saiz
A nova residencia de maiores da Parda custará máis de dez millóns de euros

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz
A Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra escenificaron este luns o acordo acadado días atrás para a construción dunha nova residencia de maiores na cidade cunha visita da conselleira de Política Social, Fabiola García, y e o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, á parcela de 3.600 metros cadrados da zona da Parda onde se ubicará.
A ubicación xa se dera a coñecer nas últimas horas e tamén se sabía xa que o novo equipamento terá 120 prazas, pero a conselleira deu a coñecer o prezo. Suporá un investimento superior aos 10 millóns de euros.
Fabiola García rexeitou falar de prazos, aínda que si deu a coñecer que este mesmo martes se empezou a redactar o anteproxecto. Agora falta a realización dun trámite administrativo en relación coa cualificación urbanística do terreo seleccionado. Está cualificado para uso dotacional educativo e debe cambiarse a dotacional sociosanitario para que poida dedicarse a acoller unha residencia da terceira idade, senón só un centro educativo.
A parcela en cuestión xa está a disposición de Patrimonio da Xunta de Galicia e xa estaba considerada como equipamento porque no seu día o Concello ofreceuna á Administración autonómica para a construción dun novo edificio para o Carlos Oroza. Finalmente descartouse porque se optou por unha ampliación na súa ubicación actual.
A conselleira destacou o entendemento entre as dúas administracións, pois "fronte ao mito de que as distintas administracións públicas de distintas cores políticas non chegan a acordos, isto é unha realidade". Ademais, sinalou que esta non era a primeira opción para a Xunta, que tiña en mente outra parcela na Unidade de Actuación 18 na Eiriña, pero que esta resulta satisfactoria.
Lores quixo matizar que o Concello puxo enriba da mesa cinco posibles terreos para que a Xunta ubicara esta residencia e que ningunha delas foi esa da Eiriña, a "xoia da corona" do Concello, con 5.500 metros cadrados e que queren dedicar a outro tipo de proxectos.
O alcalde tamén destacou que a ubicación elixida é moi boa, en tanto que está ao carón do Conservatorio Profesional de Música, a escola infantil ou o centro de saúde da Parda, unha zona "interxeracional" que vai ter un parque e un espazo deportivo cerca.
A futura residencia, a segunda que terá a cidade despois da actual de Campolongo, ubicarase nunha parcela que desde hai máis de cinco anos se está utilizando como estacionamento disuasorio. Resulta moi utilizada, en especial, polos usuarios do centro de saúde da Parda.
O alcalde explicou que así seguirá polo menos durante o próximo ano, mentres se realizan as xestións administrativas e se redacta e licita o proxecto. A partir de aí, xa saben que "hai máis parcelas aquí preto" e buscarase outra localización para habilitar un estacionamento disuasorio.
Precisamente, a visita de Fabiola García e Lores tivo como anécdota a irrupción dun veciño de Monte Porreiro que lle reclamaba ao alcalde que non se podían eliminar prazas de estacionamento na zona: "ves aquí ao médico e non tes onde aparcar".
Relacionadas:
-
A futura residencia de maiores non se construirá na Parda
Por Alejandro Espiño |
-
A reforma integral da residencia de maiores de Campolongo, prevista para 2020
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
A Fundación Amancio Ortega financiará a futura residencia da terceira idade de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Prometen "compensar" a perda de aparcamento pola futura residencia da Parda
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta contribuirá a financiar a nova residencia para persoas con discapacidade de Xoán XXIII
Por Redacción |
-
A nova residencia de maiores construirase na Parda
Por Alejandro Espiño |
-
Lores e Feijóo entrevistaranse para falar de "cuestións fundamentais" para Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Fronte ás críticas do PSOE a Xunta garante a xestión pública na nova residencia para maiores
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello lémbralle á Xunta que xa fai seis meses que lle ofreceu terreos para unha residencia de maiores
Por Natalia Puga |
-
Rafa Domínguez pide rapidez ao Concello para facilitar terreos á Xunta para unha residencia de maiores
Por Redacción |
-
A Xunta solicita ao Concello un terreo para construir unha residencia de maiores
Por Oskar Viéitez |