Adían as xornadas de folga nas empresas de elaborados do mar ao retomarse as negociacións
Por Redacción
A patronal do sector de elaborados do mar cambiou a súa posición tras a folga deste luns secundada por unha gran maioría do persoal e anuncia que se volverá a sentar cos representantes sindicais para negociar o convenio colectivo estatal. As conversacións atopábanse rotas desde o 24 de setembro.
O comité de folga desprazarase a Madrid este xoves 25 e o luns 29 para retomar as negociacións en busca dun avance.
A decisión levou aos sindicatos convocantes (CIG, UXT e CC.OO.) a aprazar a convocatoria de folga prevista para este mércores 24 e o xoves 25. No caso de que as conversas entre as partes non ofrezan un balance positivo, os paros de 24 horas desenvolveranse o martes 30 e o mércores 31.
Os sindicatos afirman que o seguimento da folga deste luns foi total en todas as industrias da provincia de Pontevedra, tres delas situadas na comarca de Pontevedra.
O persoal, na súa maioría mulleres, destas empresas reclama a recuperación do poder adquisitivo e pide unha limitación ao uso frecuente de contratacións temporais. Desde a CIG-Mar continúan reivindicando un convenio galego que poida achegar beneficios a este sector nas Rías Baixas. Indican que a actividade principal deste sector, máis dun 75%, realízase en Galicia.
Relacionadas:
-
VIDEO.- Tres mulleres feridas durante a intervención policial contra un piquete no porto de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
As traballadoras dos elaborados do mar non ceden e volven parar o sector
Por Oskar Viéitez |
-
O persoal das empresas de produtos elaborados do mar volve á folga esta madrugada
Por Redacción |
-
Os convocantes sitúan en máis dun 90% o seguimento da folga nas empresas de produtos do mar
Por Redacción |
-
Os traballadores do sector dos produtos elaborados do mar, ante o seu primeiro día de folga
Por Redacción |
-
A precariedade laboral nas empresas de elaborados e produtos do mar abre a porta a unha folga no sector
Por Anxo Lourido |