As traballadoras dos elaborados do mar non ceden e volven parar o sector
Por Oskar Viéitez
O sector dos produtos elaborados do mar retomou este martes 30 a folga un día despois do fracaso da nova xeira de negociacións do convenio coa patronal, á que acusan de "intransixente" e de manter posturas "inamovibles". Na deste martes, que é a segunda xornada de folga, as traballadoras insistiron en que non están dispostas a continuar co "peor convenio" do ámbito da alimentación.
O mércores continuarán a loita nunha nova xornada de paro de 24 horas.
Según informa o sindicato CIG, desde primeiras horas da madrugada deste martes, a pesar da noite de frío e choiva, as traballadoras en folga lograron deter a produción nas principais factorías de Pontevedra e Marín como GPS ou Cabomar.
A xornada, ao igual que o paro do pasado luns 22, decorreu sen ningún tipo de incidentes, "a pesar da presenza intimidatoria de cadros directivos á porta dalgúns centros de traballo ou da forte presenza policial despregada en Marín arredor de Cabomar", sinalaron estas mesmas fontes.
Para a CIG-Mar o novo éxito da folga, produto da unidade dun sector fondamente feminizado, supón un "serio revés" á actitude da patronal nas negociacións do pasado xoves e deste luns, onde se mantivo intransixente nas súas "propostas miserentas" para o convenio.
Relacionadas:
-
Ameaza de folga no sector de elaborados de produtos do mar ao non chegar a acordo na negociación do convenio
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
As traballadoras de elaborados do mar aceptan masivamente o preacordo do convenio
Por Oskar Viéitez |
-
En Marea cualifica de "vergoña" que o sector de elaborados do mar "non sexa capaz de garantir o salario mínimo"
Por Redacción |
-
O sector de elaborados do mar convoca folga indefinida a partir do 15 de novembro
Por Redacción |
-
VIDEO.- Tres mulleres feridas durante a intervención policial contra un piquete no porto de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
O persoal das empresas de produtos elaborados do mar volve á folga esta madrugada
Por Redacción |
-
Adían as xornadas de folga nas empresas de elaborados do mar ao retomarse as negociacións
Por Redacción |
-
Os convocantes sitúan en máis dun 90% o seguimento da folga nas empresas de produtos do mar
Por Redacción |
-
Os traballadores do sector dos produtos elaborados do mar, ante o seu primeiro día de folga
Por Redacción |