Juan Carlos Quer asume a xestión en Change da petición para negar a derrogación da Prisión Permanente Revisable

Por Redacción
O pai de Diana Quer sinala que se trata de evitar que se derrogue a prisión permanente revisable, unha pena excepcional contemplada para casos de extrema gravidade, como é o caso do asasinato de menores.
As cinco familias nesta petición desmárcanse de ideoloxías políticas e sinalan que se uniron para afrontar unha gran loita coa esperanza de evitar que se vulneren os dereitos máis elementais do ser humano e que outras familias "tengan que vivir nuestro calvario".
Lembran que coa entrada en vigor da prisión permanente revisable, a situación do preso pódese revisar a partir dos 25 anos do cumprimento da condena e reinsertarse no caso de que cumpra con todo o procedemento para rehabilitarse. Na petición aclaran que con esta pena non se renuncia á reinserción do condenado.
Os familiares destas vítimas piden que se asine esta petición para trasladar todos os apoios ao Congreso dos Deputados e evitar que os representantes políticos derroguen a Prisión Permanente Revisable.
Polo momento levan máis de 431.400 sinaturas e o obxectivo é obter 500.000 apoios.
Relacionadas:
-
RADIO.- Ponte en el mapa: Irene Milleiro, unha influente pontevedresa xestionando peticións na rede
Por Marisa Ciordia |
-
O PP quere que o goberno da Deputación apoie a prisión permanente revisable
Por Anxo Lourido |
-
Pontevedra di non á prisión permanente revisable
Por Alejandro Espiño |
-
'El Chicle', unha semana na Lama con insultos doutros internos e interese polos deportes
Por Natalia Puga |
-
A familia de Diana Quer dispara a petición de firmas promovida polo caso do parricida de Moraña
Por Natalia Puga |
-
O parricida de Moraña fixo historia na crónica xudicial: primeira condena a prisión permanente revisable
Por Natalia Puga |
-
Máis de 5.500 sinaturas xa apoian a petición da nai de Amaia e Candela sobre a prisión permanente revisable
Por Natalia Puga |
-
David Oubel, un condenado sen "os máis elementais valores e escrúpulos"
Por Natalia Puga |