A familia de Diana Quer dispara a petición de firmas promovida polo caso do parricida de Moraña

Por Natalia Puga
A campaña de petición de firmas iniciada o pasado mes de xullo por Rocío Viéitez, nai de Amaia e Candela, as nenas de 4 e 9 anos asasinadas polo seu pai cunha serra radial eléctrica na súa casa de Moraña, recibiu nos últimos días un impulso clave para lograr o seu obxectivo. Apóiana os pais e a irmá de Diana Quer e, tras iso, as firmas creceron de forma exponencial.
A petición de firmas, realizada a través da plataforma Change.org, iniciouse para pedir que non se derrogue a pena de prisión permanente revisable recollida no Código Penal, da que o seu ex marido, David Oubel Renedo, é o único condenado en España nestes momentos, nunha sentenza ditada pola Audiencia Provincial de Pontevedra..
Tras o dramático desenlace do caso de Diana Quer, Rocío Vieitez realizou unhas declaracións ao xornal El Mundo nas que lembraba que"soy víctima y puede creerse que peco de venganza pero no es así" e reiteraba que "pido cumplimiento de condena, creo en la reinserción y no apoyo la pena de muerte, nadie tiene derecho a sacar una vida, sea por el motivo que sea".
Antes desa entrevista, tiña en Change.org unhas 6.000 firmas e este martes acumula xa máis de 200.000. O impulso logrouno despois de que, primeiro os pais, e logo a irmá de Diana Quer pedisen firmas para esa mesma causa. A irmá menor da moza de Madrid, Valeria, está a ser nos últimos días especialmente insistente nas redes sociais.
¿Me echáis una mano moviendo y firmando esta petición?https://t.co/Z7BkxKOmJN
— valeria quer (@QuerValeria) 5 de enero de 2018
A campaña de Rocío Vieitez pretende que o Congreso dos Deputados mateña a prisión permanente revisable no Código Penal. O 4 de outubro de 2016 unha maioría absoluta da Cámara deu o seu apoio a unha iniciativa do PNV que pide ao Goberno derrogar a prisión permanente revisable, introducida na última reforma do Código penal.
"Una persona que comete un delito de esta índole, ¿qué otra pena merece?", pregúntase Rocío Vieitez na petición iniciada o martes 18 de xullo. José Enrique Abuín, 'El Chicle', presunto autor da morte de Diana Quer, podería enfrontarse a unha petición de prisión permanente se o acusan formalmente dos delitos polos que na actualidade está en prisión provisional comunicada e sen fianza, homicidio/asasinato, contra a liberdade sexual e detención ilegal.
Relacionadas:
-
A nai das nenas asasinadas polo seu pai en Moraña carga contra os que fan "negocio" do crime
Por Alejandro Espiño |
-
David Oubel, o parricida de Moraña, condenado por quedar con 69.000 euros de oito comunidades de veciños que xestionaba
Por Natalia Puga |
-
'El Chicle', sometido a unha avaliación pericial na Parda
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
O PP quere que o goberno da Deputación apoie a prisión permanente revisable
Por Anxo Lourido |
-
Pontevedra di non á prisión permanente revisable
Por Alejandro Espiño |
-
Juan Carlos Quer asume a xestión en Change da petición para negar a derrogación da Prisión Permanente Revisable
Por Redacción |
-
'El Chicle', unha semana na Lama con insultos doutros internos e interese polos deportes
Por Natalia Puga |
-
'El Chicle', sen avogado, sen contacto coa súa familia e sen información do exterior na Lama
Por Natalia Puga |
-
'El Chicle', nunha cela acristalada na Lama baixo o protocolo de prevención de suicidios
Por Natalia Puga |
-
'El Chicle', trasladado á prisión da Lama por motivos de seguridade
Por Natalia Puga |
-
Con Diana Quer na memoria
Por Redacción |
-
O parricida de Moraña fixo historia na crónica xudicial: primeira condena a prisión permanente revisable
Por Natalia Puga |
-
"Unha persoa que comete un delito desta índole, que outra pena merece?"
Por Natalia Puga |