Vaipolorío propón á Asociación Difusión Felina para o premio Cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Vaipolorío presentou no rexistro do Concello unha proposta para o premio Cidade de Pontevedra na categoría de persoas xurídicas, trátase da Asociación Difusión Felina.
Difusión felina ten os seus inicios no verán do ano 2010 cando tres mozos de entre 15 e 17 anos empezaron un traballo de recollida de gatos abandonados e esterilización de colonias felinas na cidade. Para iso empregaron os seus aforros e contaron coa colaboración de diferentes amigos e coñecidos.
No ano 2011 constituíronse como unha plataforma animalista e os medios de comunicación comezan a facerse eco do seu traballo. No ano 2012 empezaron unha campaña de recollida de firmas para que o concello realizase un Plan de esterilización de colonias felinas, controladas e saneadas. Un tempo máis tarde a súa petición foi acollida polo goberno local.
Estiman que desde a súa creación Difusión felina salvou a vida a máis de mil gatos
Durante este ano 2016 fixéronse cargo de 213 gatos abandonados, dos cales o 99% deles proceden do municipio de Pontevedra. Conseguiron esterilizar a máis de 100 michos que viven na rúa. Desde Vaipolorío destacan que estes voluntarios de Difusión felina "sempre están dispoñibles", sendo requiridos frecuentemente pola Policía Local para atender calquera solicitude.
Esta asociación realiza diferentes eventos benéficos durante o ano para recadar fondos cos que facer fronte "ás altísimas débedas que teñen na actualidade con clínicas veterinarias" que colaboran con eles.
Estiman que desde a súa creación Difusión felina salvou a vida a máis de mil gatos.
Relacionadas:
-
Ángela Paz e o Colexio de Avogados, premios Cidade de Pontevedra 2016
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Antón Sobral, Verísimo Pazos, o Colexio de Avogados e Solidaridad Internacional optan ao Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Propoñen a Lourdes Domínguez como candidata ao premio Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Pontevedrada, candidata aos premios Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Ángela Paz, proposta para o premio Cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
140 bailaríns amosan espectaculares coreografías para colaborar con Difusión Felina
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Denuncian o abandono de 19 gatos nunha semana, 15 en bolsas atadas en colectores
Por Natalia Puga |
-
Denuncian o envelenamento dunha colonia de gatos en Médico Ballina
Por Redacción |
-
Situación de alarma na asociación Difusión Felina: máis de 20 abandonos en once días
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Inician a terceira campaña de control na poboación de gatos nas rúas da cidade
Por Redacción |