Denuncian o envelenamento dunha colonia de gatos en Médico Ballina
Por Redacción
A Asociación Difusión Felina de Pontevedra denunciou publicamente o envelenamento dunha colonia de gatos que vive na contorna da rúa Médico Ballina.
Segundo este colectivo animalista o suceso tivo lugar o pasado sábado pola noite.
Nun comunicado informativo os responsables de Difusión Felina explicaron que a escena que se atoparon era "dantesca", cos catro gatos tirados no medio da rúa, "convulsionando e sen ser capaces de manterse en pé".
Dous dos animais precisaron atención médica por parte do veterinario porque se atopaban en estado bastante grave.
Este colectivo afirmou que este luns interpoñerá denuncia contra estes feitos e fixo un chamamento á colaboración cidadá para que lles informen se viu algo sospeitoso. O teléfono de contacto con esta asociación é o 650 793 576, en horario de catro a oito da tarde.
O envelenamento de animais é un delito tipificado no Código Penal.
Relacionadas:
-
Difusión Felina, obrigada a frear a recollida de gatos abandonados en Pontevedra ante a falta de casas de acollida
Por Redacción |
-
O control das colonias felinas de Pontevedra, protagonista dunha nova campaña animalista
Por Redacción |
-
Vaipolorío propón á Asociación Difusión Felina para o premio Cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Denuncian o abandono de 19 gatos nunha semana, 15 en bolsas atadas en colectores
Por Natalia Puga |