Situación de alarma na asociación Difusión Felina: máis de 20 abandonos en once días
A asociación de Pontevedra 'Difusión Felina' denuncia a ondada de abandonos cos que se encontrou nos últimos trece días. Mais de vinte abandonos en apenas un mes chocan cos vinte que se produciron entre xaneiro e marzo. Os animais, na súa maioría cachorros de moi poucos días de vida, recolléronse na zona de Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas e Sanxenxo.
O colectivo de protección está saturado ante o aumento de abandonos e o descenso de casas de acollidas, ademais de que a adopción e o número de casas de acollida, en comparación a outros anos, descendeu moito, segundo Difusión Felina.
Mais de 200 felinos foron acollidos o ano pasado pola asociación e chegaron a albergar uns 58 gatos á vez nas súas instalacións. Aínda que a súa capacidade non é para tantos animais "siempre hacen el esfuerzo de estirar sus recursos más y más", pero a situación actual é de desbordamento.
A falta de axuda por parte dos concellos onde a asociación actúa ten nunha situación de urxencia á protectora que busca a colaboración cidadá con máis casas de acollida e adopcións. Indican que só reciben axuda do Concello de Pontevedra, que colabora doando alimentos, area e esterilizando aos gatos.
Son 38 os gatos que actualmente teñen listos para ser adoptados e aos que dende Difusión Felina esperan poder encontrarlles un fogar.
As cinco persoas que conforman a asociación están saturadas e mandan un SOS á cidadanía e os concellos das zonas onde traballan. Encóntranse superados ante o aumento de animais na súa protectora e temen encontrarse con novos abandonos dos que non poden facerse cargo pola súa situación actual.
Relacionadas:
-
Vaipolorío propón á Asociación Difusión Felina para o premio Cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Denuncian o abandono de 19 gatos nunha semana, 15 en bolsas atadas en colectores
Por Natalia Puga |
-
Propoñen que o Concello redacte unha ordenanza de protección animal
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian novos episodios de envelenamento de gatos en Pasarón, Fernández Ladreda e Pintor Laxeiro
Por Redacción |
-
Inician a terceira campaña de control na poboación de gatos nas rúas da cidade
Por Redacción |
-
Os Palleiros, Adopcións Galicia e Difusión Felina coinciencian aos pontevedreses sobre a adopción de animais
Por Diego Espiño |