VÍDEO.- Denuncian o abandono de 19 gatos nunha semana, 15 en bolsas atadas en colectores
Por Natalia Puga
Ata 19 gatos abandonados en tan só unha semana. É a situación que denuncia a asociación Difusión Felina, que pide colaboración cidadá para tomar conciencia sobre a gravidade da situación e para dar acollida aos animais, pois o colectivo carece de instalacións propias nas que aloxalos e tan só conta con casas de acollida de colaboradores nas que darlles un fogar temporal.
A situación crítica que os levou a lanzar este último SOS comezou xa a principios de semana, o luns 18, cando tiveron coñecemento de que había tres gatos abandonados nun colector, pero non fixera máis nada que empezar, pois tan só en bolsas en colectores apareceron outros doce, 15 en total. O mércores foron catro noutro colector e o venres, o día máis complicado, recibiron avisos de que había cinco na parroquia de Campañó e tres nos Praceres.
Do último achado, o dos Praceres, realizaron un vídeo ao que agora se dá difusión. En todos os casos, os gatos apareceron dentro de bolsas de plastico, completamente pechadas, algúns mesmo metidos dentro dunha segunda bolsa, e logo dentro dun colector. Estes tres últimos felinos son tres adultos feridos e enfermos e desde Difusión Felina asguran que "a súa vida corre moito perigo".
Ademais deses gatos que apareceron en bolsas e colectores, a nómina de abandonos da semana complétase con outro animal que estaba en acollida desde facía seis meses e foi devolto e un máis dun mes e medio que foi localizado atrapado nunha casa.
A maiores, na asociación ten 30 gatos en acollida, de tal modo que o número total de animais abandonados "facérsevos costa arriba", pois implica gastos de veterinarios "altísimos", teñen "escasas" casas de acollida e as adopcións están na actualidade "bastante paradas". Ante tal situación, piden axuda de todo tipo, desde achegas económica ata doazóns de penso, mantas ou transportinas. Difusión Felina lembra que non reciben ningunha subvención pública polo seu traballo.
Este último SOS tamén pide colaboración cidadá para localizar ás persoas que "cometeron semellantes fazañas" ao longo de toda esta semana, abandonando gatos en colectores, dentro de bolsas, "coma se fosen lixo", de tal modo que se algunha persoa pode achegar algún tipo de información respecto diso, pídenlle que escriba un correo electrónico á dirección difusionfelinapontevedra@gmail.com.
Relacionadas:
-
Difusión Felina, obrigada a frear a recollida de gatos abandonados en Pontevedra ante a falta de casas de acollida
Por Redacción |
-
O control das colonias felinas de Pontevedra, protagonista dunha nova campaña animalista
Por Redacción |
-
Vaipolorío propón á Asociación Difusión Felina para o premio Cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian o envelenamento dunha colonia de gatos en Médico Ballina
Por Redacción |
-
Denuncian novos episodios de envelenamento de gatos en Pasarón, Fernández Ladreda e Pintor Laxeiro
Por Redacción |
-
Situación de alarma na asociación Difusión Felina: máis de 20 abandonos en once días
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Inician a terceira campaña de control na poboación de gatos nas rúas da cidade
Por Redacción |