A Pontevedrada, candidata aos premios Cidade de Pontevedra

Por Alejandro Espiño
Un ano máis, a Pontevedrada volve ser candidata aos premios Cidade de Pontevedra. Esta asociación que, entre outras cuestións, organiza un dos eventos solidarios máis importantes dos que se celebra en Pontevedra, optará ao galardón na categoría de persoas xurídicas.
Foi a asociación Asseii a que propuxo á Asociación de Amigos da Pontevedrada (Asampo) a estes premios e anima a que particulares e colectivos apoien esta proposta coa súa firma.
A principal actividade da Pontevedrada é a organización dunha marcha nocturna ininterrompida de aproximadamente 63 quilómetros que transcorre polo Camiño de Santiago Portugués desde a cidade do Lérez ata Santiago de Compostela.
Con ela, pretenden concienciar á poboación da gran importancia que ten a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.
A este esforzo dedican ademais numerosas actividades ao longo do ano.
Os premios Cidade de Pontevedra entregaranse o 20 de xaneiro, día de San Sebastián, no Teatro Principal.
Relacionadas:
-
En marcha a Pontevedrada 2017: ábrese o prazo de inscripción
Por Redacción |
-
Ángela Paz e o Colexio de Avogados, premios Cidade de Pontevedra 2016
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Antón Sobral, Verísimo Pazos, o Colexio de Avogados e Solidaridad Internacional optan ao Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Cinco colectivos propoñen a asociación para a inclusión social Boa Vida ao premio Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Propoñen a Lourdes Domínguez como candidata ao premio Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Ángela Paz, proposta para o premio Cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío propón á Asociación Difusión Felina para o premio Cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Tes en mente algún merecedor do premio Cidade de Pontevedra? Xa podes presentar a candidatura
Por Redacción |