Propoñen a Lourdes Domínguez como candidata ao premio Cidade de Pontevedra

Por Redacción
A Asociación Galega de Paddleball e Racquetball propuxo á recentemente retirada tenista Lourdes Domínguez Lino como candidata aos premios Cidade de Pontevedra na categoría de persoa física.
Fíxoo ao considerar que acumulou "méritos máis que suficientes" ao longo da súa carreira, que a levou a ser considerada "a mellor tenista de Galicia de todos os tempos".
Lourdes Domínguez foi a primeira tenista galega en gañar un torneo WTA, pechou o ano en dez ocasiones entre as 100 mellores raquetas do mundo chegando a ocupar o posto 40 do ránking, disputou ata en 49 ocasións un torneo de Grand Slam e xogou case 1.000 partidos no circuíto profesional, explica entre outros meritos a asociación na súa argumentación.
Ademais a Asociación Galega de Paddleball e Racquetball, que presentou o pasado 29 de decembro a proposta a través do rexistro municipal, engade o valor de levar "á nosa localidade polos numerosos torneos que disputou en todo o mundo durante a súa dilatada carreira profesional".
Os premios Cidade de Pontevedra entregaranse nunha sesión de honra do Pleno municipal o 20 de xaneiro, día de San Sebastián, podendo presentarse candidaturas ata o día 5 de xaneiro.
Relacionadas:
-
O tenis galego prepara unha homenaxe a Lourdes Domínguez no Pazo da Cultura
Por Diego Espiño |
-
Antón Sobral, Verísimo Pazos, o Colexio de Avogados e Solidaridad Internacional optan ao Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Cinco colectivos propoñen a asociación para a inclusión social Boa Vida ao premio Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Pontevedrada, candidata aos premios Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Ángela Paz, proposta para o premio Cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío propón á Asociación Difusión Felina para o premio Cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Tes en mente algún merecedor do premio Cidade de Pontevedra? Xa podes presentar a candidatura
Por Redacción |