A administración electrónica dos pequeños concellos 'vai a conta' da Deputación
Por Redacción
Salvo Pontevedra e Vigo, o resto dos municipios da provincia teñen menos de 50.000 habitantes. E polo seu tamaño moitos non contan cos recursos económicos suficientes para implantar a administración electrónica, dando así cumprimento á nova lexislación. Por iso, será a Deputación de Pontevedra a que impulse este servizo.
A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación á empresa Auloce do contrato para a implantación, o uso e o soporte da administración electrónica para os concellos da provincia. Trátase dun acordo que ascende a 847.000 euros.
A través deste contrato, a Deputación de Pontevedra impulsará solucións de administración electrónica para que os concellos de menos de 50.000 habitantes poidan dispoñer dunha sede electrónica personalizada, así como un portal de tramitación para os seus traballadores que permita a xestión integral dos procedementos e expedientes por medios electrónicos.
Esta actuación acompañouse nos últimos meses co proceso levado a cabo pola institución provincial para a implantación da administración electrónica nos seus centros de traballo, segundo o disposto na Lei 11/2007 de 22 de xuño de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
Relacionadas:
-
A administración electrónica chegará a 55 concellos da provincia
Por Redacción |
-
Carmela Silva presume de administración electrónica ante outras deputacións
Por Redacción |
-
Barro estrea a súa sede electrónica
Por Redacción |
-
Portas estreará a administración electrónica o 9 de febreiro
Por Redacción |
-
O Concello de Poio dótase dun manual de uso da súa nova identidade corporativa
Por Redacción |
-
Primeiros pasos de Poio para sumarse á administración electrónica
Por Redacción |
-
Bueu xa conta coa súa sede electrónica
Por Redacción |
-
O PP critica que a Deputación chega tarde na implantación da administración electrónica nos concellos
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas erradica o papel e pon en marcha a administración electrónica
Por Redacción |
-
A administración electrónica chegou a Bueu
Por Redacción |
-
Poñen en marcha axudas para implantar a administración electrónica nos concellos
Por Redacción |