Bueu xa conta coa súa sede electrónica
Por Redacción
O Concello de Bueu xa ten implantada a súa sede electrónica. Así dá cumprimento á nova lei 39/2015 que entrou en vigor o pasado 2 de outubro e que regula o dereito da cidadanía a comunicarse e relacionarse coas distintas administracións públicas do Estado español a través de medios telemáticos.
A cidadanía poderá acceder á devandita sede desde unha icona inserida na marxe dereita da páxina web municipal (www.concellodebueu.org), e nela darase acceso ao portal de transparencia, ao taboleiro de anuncios electrónico, á consulta de expedientes, ofrecendo ademais a posibilidade de recibir notificacións electrónicas ás que se accederá mediante certificado electrónico.
Nos distintos departamentos do Concello xa se leva traballando desde hai uns meses na implantación da administración electrónica no ámbito do traballo interno e de configuración de expedientes municipais e o obxectivo é axilizar os prazos dos trámites administrativos e a seguridade.
A plataforma de administración electrónica implantouse en xullo, e consta de tres módulos: un para toda a xestión administrativa, outro para a sede electrónica propiamente dita e un terceiro para a interoperatibilidade entre sistemas, plataformas e ferramentas.
Relacionadas:
-
Bueu pagará uns 420.000 euros en dous anos á empresa que lle ayude a cobrar taxas e impostos
Por Redacción |
-
Bueu activa unha oficina virtual para asuntos tributarios
Por Redacción |
-
Portas estreará a administración electrónica o 9 de febreiro
Por Redacción |
-
A administración electrónica dos pequeños concellos 'vai a conta' da Deputación
Por Redacción |
-
A administración electrónica chegou a Bueu
Por Redacción |
-
Bueu apúntase á administración electrónica
Por Redacción |