O Concello de Poio dótase dun manual de uso da súa noba identidade corporativa
Por Redacción
O nanual de uso da identidade corporativa do Concello de Poio foi aprobado pola comisión municipal de Facenda.
Este manual marcará as pautas a seguir e que se deben ter en consideración á hora da súa reprodución e uso como, por exemplo, as dimensións, cores, tipoloxía da letra, versións de marcas non permitidas, confluencias con outros logos sectoriais xa existentes, entre outros aspectos.
Os colectivos, asociacións e outras entidades públicas que teñan que facer uso desta marca, deberán atender as consideracións recollidas nesta memoria que poderán consultar na páxina web municipal, polo que dende o Concello queren agradecer de antemán a colaboración favorecendo un uso correcto da mesma.
ORDENANZA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
O cumprimento da lei obriga ao Concello de Poio a dotarse dos medios precisos para ofrecer á veciñanza a posibilidade de relacionarse con eles telematicamente. Un dos pasos previos e fundamentais para elo é a aprobación da ordenanza que regula a administración electrónica.
Nesta mesma comisión de Facenda se daba traslado a todos os grupos políticos dun borrador da ordenanza para efectuar un estudio previo da mesma e proceder a súa aprobación definitiva.
Aprobada esta ordenanza, o Concello de Poio terá que por en funcionamento todas as ferramentas necesarias para garantir a veciñanza a tramitación on line.
Para iso, se levan meses estudando as diferentes alternativas postas a disposicións das entidades locais polas outras administracións públicas, estatal, autonómica e provincial, podendo dar o servizo no máis breve prazo de tempo posible.