O Concello de Poio pide colaboración cidadá para mellorar a súa administración electrónica
Por Redacción
O pleno do Concello de Poio abordará na súa próxima sesión, prevista para o martes 25 de agosto, o proxecto de ordenanza para regular a administración electrónica. Na proposta incluirase a mellora da eficiencia dos servizos públicos municipais a través da vía online. Unha iniciativa para a que o goberno local solicita a colaboración cidadá, que dispoñerá dun prazo de vinte días para achegar suxerencias sobre novas xestións ou o funcionamento destas ferramentas.
A estrutura deste documento consta de 38 artigos nos que se detallan os obxectivos da ordenanza así como o seu ámbito de aplicación e os detalles de funcionamento da sede e dos servizos electrónicos prestados á cidadanía.
"Desde o Concello seguimos a traballar para continuar mellorando en transparencia e participación”, comenta a concelleira de Participación Veciñal, Silvia Díaz, quen fai un chamamento para que a poboación participe neste proceso. "A implicación de veciños, veciñas, asociacións e demais axentes sociais de Poio é imprescindible para continuar avanzando no desenvolvemento dunha ferramenta eficaz e consensuada", remarca.
Relacionadas:
-
Poio inicia o procedemento para crear unha asemblea de participación cidadá
Por Redacción |
-
Os concellos da provincia contarán cun servizo de cita previa grazas á plataforma informática da Deputación
Por Redacción |
-
Pontevedra quere ser a provincia cos concellos tecnoloxicamente máis avanzados
Por Noelia Torres Pintos & Mónica Patxot |
-
O Concello de Poio dótase dun manual de uso da súa nova identidade corporativa
Por Redacción |