Os concellos terán ata finais de xaneiro para solicitar centros de compostaxe comunitarios
Por Redacción
A Deputación Provincial de Pontevedra vai ampliar o prazo para que os concellos poidan presentar os seus proxectos para solicitar centros de compostaxe comunitario. O vicepresidente, César Mosquera, anunciou que poderán presentarse ata o 31 de xaneiro.
Con esta ampliación do prazo inicial búscase, segundo Mosquera, facilitar o traballo dos municipios, que están celebrando numerosas reunións informativas para involucrar aos veciños. “Están implicándose para presentar proxectos solventes e demostrar que este novo sistema de xestión de lixo pode solucionar parte dos problemas económicos e ecolóxicos do actual modelo de residuos", valorou.
O vicepresidente lembrou que os concellos de Tomiño, Sanxenxo, Barro, Bueu, Redondela ou Moraña, entre moitos outros, están traballando xa para presentar as súas propostas con visos de cumprir todas as esixencias técnicas marcadas dende a Deputación.
Rematado o prazo de presentación de proxectos, unha comisión de valoración da Deputación fará a escolma dos proxectos municipais máis viables nun informe. Este finalizará nunha proposta de resolución definitiva co visto bo do departamento de Intervención.
Segundo asegurou o vicepresidente, deste xeito poderanse instalar os centros nas súas ubicacións definitivas moi probablemente no primeiro trimestre do ano, data que coincide coa fin da formación de mestres composteiros.
Relacionadas:
-
Os mestres composteiros anuncian: "é hora de traballar e remexer"
Por Redacción |
-
98 veciños de Portonovo, 3 asociacións e 3 negocios adhírense á compostaxe comunitaria
Por Redacción |
-
O Concello solicitará composteiros comunitarios para Campañó e Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Convocan aos interesados en adherirse ao programa de compostaxe de Portonovo
Por Redacción |
-
Fidel Castro pide o apoio dos veciños para poñer en marcha o Plan de Compostaxe
Por Redacción |
-
Celso Emilio Ferreiro e O Piñeiriño, primeiros barrios de Vilagarcía con centros comunitarios de compostaxe
Por Redacción |
-
Medio Ambiente solicitará á Deputación un composteiro comunitario para Portonovo
Por Redacción |
-
Bueu baralla instalar ata tres composteiros comunitarios no municipio
Por Redacción |
-
A Cidade Infantil Príncipe Felipe experimenta como facultade de compostaxe
Por Redacción |
-
O exame para as bolsas de mestres composteiros reúne a 309 aspirantes
Por Redacción |
-
A Deputación decidirá en xaneiro onde instalar os primeiros centros de compostaxe comunitarios
Por Redacción |