O Concello solicitará composteiros comunitarios para Campañó e Monte Porreiro
Por Redacción
Pontevedra solicitará dous composteiros comunitarios para Campañó e Monte Porreiro á Deputación Provincial dentro da campaña que se está emprendendo desde a institución provincial.
Segundo explicou a concelleira de Medio Ambiente, Carme da Silva, no caso da parroquia de Campañó está previsto que esta instalación para a reciclaxe se constrúa na contorna do centro social de Cabaleiro para dar servizo aos restaurantes desa zona, ademais de material procedente do viveiro de plantas e do cemiterio municipal, que achegará material orgánico vexetal, derivado das coroas e flores que se deixan aos defuntos.
Este colector non irá destinado aos veciños, que apostan principalmente polos composteiros individuais para as súas hortas.
Na urbanización de Monte Porreiro, os veciños demandan dous composteiros que se situarán nas rúas Alemaña, nas proximidades da Casa da Cultura, e na rúa Italia, preto do supermercado Froiz.
283 residentes e 18 establecementos comerciais comprometéronse a utilizar este sistema. Tamén a comunidade escolar participará desta proposta porque o compost será empregado para as hortas urbanas e escolares.
O Concello encargarase de construír os accesos e as instalacións dos composteiros, ademais de trasladar os restos das podas dos xardíns da cidade.
Relacionadas:
-
Bueu renuncia ao composteiro de Petís ante as protestas dos veciños
Por Redacción |
-
Domínguez Lino presume da súa xestión e anuncia que se manterá o actual canon de Sogama
Por Redacción |
-
Unha profesión con futuro: mestre composteiro
Por Oskar Viéitez |
-
Os concellos terán ata finais de xaneiro para solicitar centros de compostaxe comunitarios
Por Redacción |