Catalina González, disposta a repetir como candidata do PP á alcaldía de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A alcaldesa de Sanxenxo estuda a posibilidade de optar á reelección e encabezar por terceira vez a lista do Partido Popular no municipio, de cara aos próximos comicios locais de maio. A Catalina González gustaríalle volver presentarse e así llo comunicou aos seus máis estreitos colaboradores, segundo confirmaron a PontevedraViva fontes próximas á propia rexedora popular.
A pesar de que o presidente provincial do PP, Rafael Louzán, anunciou o pasado mes de xuño que Catalina González decidira non optar a un terceiro mandato en Sanxenxo e que a concelleira de Cultura e deputada no Congreso, Paz Lago, deu un paso á fronte e afirmou que acollería con agrado ser a próxima candidata do PP á alcaldía, o certo é que Catalina González quere optar á reelección "se conta co apoio do partido", aseguran dende o seu ámbito.
Nesta decisión da actual alcaldesa tería xogado un papel importante o apoio, máis ou menos explícito, que Catalina González recibiu de certos sectores do municipio, especialmente por parte de empresarios turísticos de Sanxenxo, que estiveron a intentar convencela dende hai tempo para que se presente de novo.
E a alcaldesa, que ostenta o bastón de mando dende o ano 2007, deixouse querer. Entende que despois de case oito anos na alcaldía, aínda lle quedan cousas por facer e mantén intacta a ilusión coa que accedeu ao cargo.
Ademais, dende o seu ámbito afirman que Catalina González se mostra ilusionada ante as perspectivas de futuro. A crise económica complicou nos últimos anos a xestión do municipio, especialmente pola redución de ingresos procedentes das licenzas urbanísticas, "e agora despois de ver que xa pasou o máis complicado, ábrese un horizonte novo e ilusionante", destacan as fontes consultadas por PontevedraViva.
CONFIRMACIÿN DA ALCALDESA
Horas despois de que PontevedraViva adiantase esta noticia, a propia Catalina González confirmou que se está a a repensar a súa idea inicial de non concorrer de novo ás eleccións municipais. "Vendo como se están a poñer as cousas e tendo en conta que é un momento malo para o partido doeríame fallalos tirando a toalla agora", sinalou a rexedora. A isto súmase, dixo, as numerosas mostras de apoio e peticións que González está a recibir para que non abandone.
Relacionadas:
-
"Respecto que o partido optara por Telmo, pero teríame gustado moito que as formas foran outras"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Louzán, sobre Catalina González: "Sabemos do seu traballo, Sanxenxo non é un municipio doado"
Por Oskar Viéitez |
-
Paz Lago, pendente da xuntanza entre Louzán e Catalina e da decisión do partido
Por Alejandro Espiño |
-
Louzán asegura que "non hai que descartar nada" en Sanxenxo, incluída a volta de Telmo Martín
Por Alejandro Espiño |
-
Catalina González solicita ao Xulgado o sobresemento da súa causa por presuntas irregularidades urbanísticas
Por Redacción |
-
Paz Lago, candidata do PP á alcaldía de Sanxenxo?: "Acolleríao con moito agrado"
Por Redacción |
-
Catalina González non volverá presentarse á alcaldía de Sanxenxo, segundo anunciou Louzán
Por Redacción |