Catalina González solicita ao Xulgado o sobresemento da súa causa por presuntas irregularidades urbanísticas
Por Redacción
Catalina González solicitou ao Xulgado de Instrución número 2 de Cambados o sobresemento definitivo da causa aberta contra ela polos presuntos delitos de prevaricación, suborno impropio e tráfico de influencias.
Entende que se demostrou a "falta absoluta" de tipicidade do feito e da súa responsabilidade penal nos tres expedientes urbanísticos investigados. Ao seu entender, esta inocencia queda constatada "sen dúbida ningunha" como resultado da instrución do proceso.
Nas alegacións, presentadas xa a finais de setembro, a alcaldesa de Sanxenxo asegura que "no" existiu conduta irregular ningunha", senón que a súa intervención foi a propia da ordinaria actuación administrativa que tiña encomendada como presidenta da extinta Xerencia Municipal de Urbanismo.
A rexedora local argumentou tamén que nunca se guiou por un propósito de actuación á marxe da regularidade e legalidade que deben rexer os seus actos, nin obrou con outra finalidade distinta ao cumprimento das súas funcións no ámbito da súa competencia.
Concretamente, González Bea pediu que se poña fin ás dilixencias previas, se decrete o sobresemento e se arquiven as actuacións relativas ás licenzas de construción de vivendas unifamiliares na Torre (Dorrón) concedidas a Ferro Mesego, C.B. e a Promociones Inmobiliarias Lucasor, S.L.; a unha edificación promovida por Balboa y Chan na rúa Progreso, na vila de Sanxenxo; e á autorización municipal de primeira ocupación das vivendas realizadas por Caneleiro Inversiones S.L. en Bascuas.
A alcaldesa recoñeceu que este asunto "resulta moi doloroso para min e para a miña familia" polo que espera que se resolva o antes posible. Iso si, Catalina González entende que é necesario "investigar sempre cando se presenta a máis mínima dúbida, pero para os que non nos sentimos culpables de nada estes procesos resultan excesivamente longos".
Relacionadas:
-
Retiran a imputación ao secretario do Concello de Sanxenxo por presuntas irregularidades urbanísticas
Por Redacción |
-
Louzán, sobre Catalina González: "Sabemos do seu traballo, Sanxenxo non é un municipio doado"
Por Oskar Viéitez |
-
Catalina González, disposta a repetir como candidata do PP á alcaldía de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Catalina González: "Si alguien piensa que va a quitar a esta alcaldesa por la puerta de atrás, que sepa que ha pinchado en hueso"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |