Louzán asegura que "non hai que descartar nada" en Sanxenxo, incluída a volta de Telmo Martín
Por Alejandro Espiño
O Partido Popular está "traballando en varias direccións" e, polo tanto, "non hai que descartar nada". ÿ a resposta do seu presidente provincial, Rafael Louzán, ante a pregunta directa formulada polos xornalistas acerca dun posible regreso de Telmo Martín a Sanxenxo. E é que o anuncio realizado pola actual alcaldesa Catalina González, sobre a súa disposición a repetir como candidata, trastornou os plans do partido.
Louzán recoñeceu que se enterou pola prensa, tras o avanzado por PontevedraViva, de que Catalina González estaba a repensando a súa decisión inicial de non optar á reelección.
Asegurou que, aínda que xa mantiveron unha conversación telefónica ao respecto, reunirase coa alcaldesa nos próximos días para coñecer esta nova proposta de cara ás eleccións municipais. "Falaremos desa cuestión en particular", recoñeceu. "Quero escoitar de viva voz este novo replanteamento que quere facer".
A súa negativa inicial a repetir como candidata levou ao PP, reiterou o presidente provincial, a pensar "noutras posibilidades" e, neste sentido, avanzou que "hai persoas coa valentía e a determinación de querer optar a ser candidato, e tócalle ao PP acertar, sexa quen sexa a proposta definitiva que adoptemos,".
En todo caso, Louzán asegurou que o nome definitivo do alcaldable popular será elixido polo Comité Electoral Provincial, unha vez se analicen todas as posibilidades. Esa decisión tomará nos "primeiros días de 2015".
O obxectivo, sinalou, é que o PP poida manter a alcaldía de Sanxenxo "ao igual que o veu facendo durante estes anos".
Relacionadas:
-
O PP confirma a Telmo Martín como candidato á alcaldía de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán, sobre Catalina González: "Sabemos do seu traballo, Sanxenxo non é un municipio doado"
Por Oskar Viéitez |
-
Paz Lago, pendente da xuntanza entre Louzán e Catalina e da decisión do partido
Por Alejandro Espiño |
-
Catalina González, disposta a repetir como candidata do PP á alcaldía de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada