Crematorios, a proposta fiscal do PP e unha declaración polo 25-N, ao pleno de novembro
Por Alejandro Espiño
O pleno da corporación municipal correspondente ao mes de novembro, que terá lugar o próximo luns 17 de novembro, previsiblemente será máis curto do habitual. A parte resolutiva limitarase á aprobación provisional da modificación puntual do PXOU polo que se regula o tipo de chan no que se poden autorizar licenzas para a instalación de crematorios e a un asunto de orde interna de Recursos Humanos.
Segundo transcendeu tras a Xunta de Voceiros do Concello de Pontevedra, na sesión darase conta tamén do informe trimestral sobre a demora no pagamento a provedores e informarase do avance da execución do orzamento de 2014 correspondente ao terceiro trimestre.
O resto serán mocións. O PP presentará dúas, unha para debater a súa proposta de rebaixa fiscal, que segundo Jacobo Moreira "está siendo muy bien recibida por la ciudadanía"; e outra na que pedirán ao goberno municipal que se estableza unha oficina de asesoramento e axuda aos afectados polas inundacións na cidade, especialmente aos veciños de Fernando Olmedo "desamparados" polo Concello.
Ademais, intentarase consensuar unha declaración institucional polo 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Polo menos BNG e PP presentan as súas respectivas propostas.
Os populares insisten en que unha efeméride deste tipo "debe quedar al margen del debate político", xa que Moreira asegura que "me repugna hacer política con la violencia de género". Pero dende o BNG, Miguel Anxo Fernández Lores, aseguran que con motivo deste día tamén se debe facer unha reflexión sobre a situación económica actual que "intervén" nesta problemática e sospeita que esa visión crítica "non vai a ser compartida" polo PP.
Relacionadas:
-
Rexeitan a rebaixa fiscal do PP, cualificada como "populista" e "pouco rigorosa" polo goberno municipal
Por Alejandro Espiño |
-
BNG e PSdeG-PSOE aproban a nova regulación dos crematorios entre berros de "casta"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Un acordo previo ao Pleno permite aprobar por unanimidade unha declaración institucional polo 25-N
Por Alejandro Espiño |
-
División política fronte á violencia de xénero
Por Oskar Viéitez |
-
O PP leva ao Pleno unha nova batería de preguntas dos cidadáns
Por Redacción |
-
O Concello ultima a modificación do Plan Xeral para regular o tipo de solo apto para acoller crematorios
Por Redacción |
-
Moreira propón reducir o custe das viñetas e do IBI rústico e aumentar as bonificacións para familias numerosas
Por Redacción |