O PP leva ao Pleno unha nova batería de preguntas dos cidadáns
Por Redacción
O Partido Popular aproveitará o apartado de rogos e preguntas do Pleno do vindeiro luns para interesarse polo destino que tivo a estrutura da pasarela de Estribela retirada o pasado mes de outubro.
Por outra banda, asegura o PP que un veciño de Estribela lles solicitou unha explicación sobre a instalación dos lombos neste lugar e por qué nunha mesma semana levantouse a estrada ata en dúas ocasións provocando serias molestias aos cidadáns que cada día transcorren por esta vía.
Outra destas preguntas fíxoa un veciño de Médico Ballina que quere saber os motivos que levaron ao Concello de Pontevedra a privalos do abastecemento de auga ao non instalar a canalización necesaria antes de que ADIF levara a cabo o asfaltado desta zona.
A terceira cuestión que canalizará o grupo municipal do Partido Popular fai referencia ao problema amosado pola presenza de ratas na nosa cidade, polo que un veciño quere saber se o Concello de Pontevedra conta cun plan de desratización, e no caso afirmativo se este estase aplicando.
E por outra banda, outro cidadán de Pontevedra solicitou a través desta mesma oficina un maior control nos xardíns de Casto Sampedro, xunto a Igrexa de San Francisco, rogo ao que se suma o Partido Popular dada a presenza de indixentes na zona que tamén é empregada por rapaces para xogar.