Satisfacción en Marín polo crecemento da Festa Corsaria
Por Redacción
Unha vez concluída a terceira edición da Festa Corsaria, despois de tres días de celebracións, chega a quenda para facer balance no Concello de Marín.
O goberno local valora positivamente o crecemento que experimentou a festa cun Marín que "se encheu de ambiente, sobre todo nas últimas horas do día", comentan dende o Concello.
Sen incedentes que resaltar e con case 30 peticións para instalar mesas na rúa, a organización resalta a decoración destas e a limpeza, un aspecto que, aseguran anímanos con vistas ao ano que vén".
Dende a administración local invitan xa a empezar a preparar a IV Festa Corsaria Gago de Mendoza, unha edición na que esperan corrixir algúns aspectos "que sempre é necesario introducir" para conseguir que a implicación cidadá se estenda.
Entre estes aspectos o Concello de Marín buscará mellorar a ambientación dos locais situados na zona de influencia da festa, que a pesar de todo, manteñen "tivo unha moi boa acollida, e aínda coincidindo con outras festas moi próximas, conseguiuse unha afluencia de persoas moi considerable".
Relacionadas:
-
Os corsarios volverán arrasar Marín
Por Redacción |
-
Marín quenta motores para a IV Festa Corsaria
Por Redacción |
-
Os corsarios abordan a Alameda de Marín en son de festa
Por Redacción |
-
Presentan a III Festa Corsaria de Marín que se celebrará os 15, 16 e 17 de agosto
Por Redacción |
-
Ábrese o prazo para solicitar a organización de comidas na rúa durante a Festa Corsaria de Marín
Por Redacción |