Presentan a III Festa Corsaria de Marín que se celebrará os 15, 16 e 17 de agosto
Por Redacción
Marín encherase de piratas e bandoleiros durante tres días coa celebración da terceira Festa Corsaria, do 15 ao 17 de agosto.
A celebración foi presentada este xoves no Concello, onde relataron as diferentes actividades que se ofrecerán durante os tres días días, tales como concertos, representacións na rúa, talleres artesanais ou exhibición de aves rapaces, entre outros.
A Alameda será o punto central da Festa Corsaria, pero locais e particulares solicitaron diversos permisos para celebrar comidas en diferentes rúas.
Neste aspecto recibíronse peticións para a Rúa Real, Caracol ou Veiguiña, pero dende o Concello esperan que a festa pirata se estenda "a otras zonas como Méndez Núñez, que es peatonal y se presta a comidas de este tipo", sinalou a concelleira Marián Sanmartín.
Para as comidas particulares establecéronse unha serie de normas, especialmente no caso das peticións para asadores, en relación á seguridade e a ambientación necesaria. O prazo para solicitar os permisos conclúe o día 13 de agosto.
A Festa Corsaria ambiéntase no século XVII, na época de corsarios galegos como Gago de Mendoza e Soto.