Marín quenta motores para a IV Festa Corsaria
Por Redacción
O venres 14 de agosto dará comezo, ata o domingo 16, a cuarta edición da Festa Corsaria de Marín.
Máis de 40 mesas entre locais de hostalaría e particulares participarán na festa, que terá como principal novidade o primeiro concurso de decoración e ambientación.
Un xurado percorrerá as mesas e locais para elixir a mellor ambientación, incluíndo os disfraces dos participantes. Os premios serán de dous vales de compra por un importe de 200 euros.
A Alameda será unha vez máis o centro da celebración, aínda que este ano tamén haberá actividades no Parque Eguren dentro dunha programación que se dará a coñecer o completo nuns días.
Na presentación da IV Festa Corsaria os responsables do goberno municipal mostraron a súa satisfacción polo aumento de locais e particulares que solicitaron permiso para participar no evento.