O goberno local de Marín, satisfeito polos desenrolo das Festas do Carme
Por Redacción
A concelleira de Cultura do Concello de Marín, en nome de todo o equipo de goberno, amosou a súa "satisfacción" co resultado das Festas do Carme, "sabendo que seguro que hai cousas que mellorar das que tomamos nota", engadiron.
Tendo en conta que o presuposto é o mesmo que o de hai oito anos, a concelleira María José de Pazo Allariz, quixo resaltar a "variedade de actividades que xa dende primeiros de mes tiveron lugar".
A edil de Festas salientou que a parte organizativa corre a cargo das asociacións de Marín, "que de forma altruísta adican o seu tempo para que todas esas actividades se desenrolen de forma satisfactoria".
No seu repaso ao programa das festas destacou a oferta cultural e deportiva, facendo un aparte cos concertos de Los Secretos, Pitingo, Álex Ubago e Efecto Mariposa, "que concentraron moito público e moita calidade".
"Reiteramos o agradecemento a todas as asociacións implicadas", dixo María José de Pazo para recordar que agora pronto chegarán a romaría de Trompos Os Pes, a Festa Corsaria, o Karaoke, a Carreira +10, o Festival do Quilo ou a Regata de Aguete, polo que animou a todos "a seguir gozando do noso verán".
Relacionadas:
-
Marín quenta motores para a IV Festa Corsaria
Por Redacción |
-
Marín pecha a semana grande das Festas do Carme
Por Diego Torrado |
-
Marín celebra as Festas do Carme cunha semana repleta de actividades
Por Diego Torrado |
-
Catro cuartetos abrirán o domingo o IV Memorial Antonio Fernández dos Chaneiros
Por Redacción |
-
As Festas do Carme quentan motores cunha concorrida concentración moteira
Por Redacción |