Furta un tractor nunha casa en Caldas e déixao abandonado entre a maleza en Moraña
Por Redacción
A Garda Civil de Caldas de Reis logrou resolver dous roubos rexistrados o pasado mes de xaneiro na mesma vivenda deste municipio, no que levaron ferramentas e un tractor valorado en 20.000 euros.
O equipo de investigación da Garda Civil de Caldas mantén como investigado ao suposto ladrón, ao que atribúen roubos con forza. Reside a escasos 800 metros do domicilio onde se produciu o roubo, e era coñecedor de que se trataba dunha segunda vivenda na cal non residían os propietarios.
O vehículo agrícola foi localizado abandonado nunha zona forestal entre a maleza en Moraña, onde foi recuperado e posteriormente devolto ao seu propietario.
Unha vez denunciados os roubos, a Garda Civil abriu unha investigación e logrou identificar ao suposto autor, un veciño de Caldas de 33 anos, cun amplo historial de antecedentes similares. Lograron localizalo e comunicarlle que está investigado.
Durante a investigación, recuperáronse varios obxectos de dubidosa procedencia, dos que non se puido ata a data pescudar a súa titularidade.
Neste sentido, a Garda Civil solicita colaboración cidadá para localizar aos propietarios dunha motoserra eléctrica e unha máquina hidrolavadora a presión, que puideron ser subtraídos nalgún outro delito perpetrado pola zona.
O investigado quedou en liberdade con cargos coa obrigación de comparecer perante o xulgado de Instrución número 1 de Caldas.
Relacionadas:
-
Máis de 250 corredores participaron na carreira de orientación urbana en Caldas de Reis
Por Redacción |
-
Moraña inicia un ciclo de actividades para axudar no coidado da saúde dos veciños
Por Redacción |
-
Detido un sanxenxino con numerosos antecedentes como presunto autor dun roubo nunha vivenda de Noalla
Por Redacción |
-
Detido un veciño de Meaño polo roubo na Confraría de pescadores de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian as agresións a nove gardas civís de Pontevedra nas protestas agrícolas
Por Oskar Viéitez |