Detido un sanxenxino con numerosos antecedentes como presunto autor dun roubo nunha vivenda de Noalla
Por Redacción
Un veciño de Sanxenxo con numerosos antecedentes policiais e de 49 anos de idade terá que responder ante as instancias xudiciais pola presunta autoría dun delito de roubo nunha vivenda unifamiliar na parroquia sanxenxina de Noalla.
Este feito foi denunciado a finais do ano pasado. Segundo esa denuncia forzáronse as xanelas da vivenda e accedeu ao interior do domicilio de onde levou varios electrodomésticos. Devanditos bens xuntos aos danos ocasionados estímanse nun valor económico que supera os 3.000 euros.
A intervención realizada pola área de Investigación da Garda de Civil de Sanxenxo e o Equipo EBIO de Cambados obtiveron indicios obxectivos sobre a autoría deste delito que determina a participación deste home no mesmo. Tras ser detido e posto en liberdade terá que comparecer cando sexa requirido perante o xulgado de Garda de Cambados que leva as dilixencias do caso.
Relacionadas:
-
Detido un veciño de Meaño polo roubo na Confraría de pescadores de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Furta un tractor nunha casa en Caldas e déixao abandonado entre a maleza en Moraña
Por Redacción |
-
Sete menores de idade cambadeses investigados pola Garda Civil por numerosos roubos e furtos
Por Oskar Viéitez |