As "boas vibracións" de Besteiro fan que espere un "día histórico"
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f80/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/65d1f1504d-53536374751_9d76dc6278_b.jpg)
© PSdeG-PSOE
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/364/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65d1f1a12a-whatsapp-image-2024-02-18-at-11.06.46.jpeg)
© PSdeG-PSOE
O candidato do Partido Socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, acudiu a votar este domingo en Lugo e compartiu cos medios de comunicación que ten "moi boas vibracións" con respecto ao resultado electoral.
Gómez Besteiro votou acompañado pola súa familia e tamén por outros membros da súa candidatura.
"Animo a todo o mundo a que saian a votar, porque co seu voto é como marcan a historia. Hoxe é un día histórico para Galicia", declarou.
O candidato socialista manifestou que este domingo será a xornada na que "todos diremos que Galicia de futuro queremos" e, tras lembrar que o PSdeG fixo unha campaña "propositiva" e en "positivo" instou á cidadanía a que aposte por "esa Galicia que queren, esa Galicia que avance. En definitiva, sumar nesta verdadeira festa da democracia que é hoxe, este 18 de febreiro, cando todos os galegos e galegas están chamados a votar e a decidir esa Galicia de futuro que queren", insistiu.
Besteiro pasará a mañá "visitando" aos "compañeiros e compañeiras" que están nas mesas e aos "axentes" que participan no proceso electoral, porque "moitas veces ninguén se acorda deles". Pola tarde achegarase á sede do PSdeG en Santiago, "onde seguirei o final da xornada electoral, o escrutinio", anunciou.
PALOMA CASTRO
Pola súa banda, a candidata número tres do PSdeG ao Parlamento galego pola provincia de Pontevedra, Paloma Castro, tamén animou á cidadanía "a que hoxe ninguén quede na casa" e que acudan a exercer o seu dereito ao voto "para elixir o futuro que nos espera".
"Nós estamos moi esperanzados", asegurou.
Relacionadas:
-
Isabel Faraldo chama á participación para lograr "un cambio" en Galicia
Por Natalia Puga |
-
Marta Lois confía en que sexa "un día moi especial" e pide que "as urnas se enchan de papeletas"
Por Natalia Puga |
-
A mobilización da tarde sobe a participación seis puntos por encima de 2020
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Bará, seguro de que os galegos "estarán á altura" dun día que agarda que sexa "histórico"
Por Alejandro Espiño |
-
Rueda espera que Galicia sexa "exemplo de participación" e comparte o seu "optimismo"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Chegou o día: 773.522 electores están chamados a votar na provincia, 66.791 na capital
Por Natalia Puga |