Bará, seguro de que os galegos "estarán á altura" dun día que agarda que sexa "histórico"
Por Alejandro Espiño
O candidato máis madrugador nestas eleccións galegas do 18F en Pontevedra foi o nacionalista Luis Bará, que acompañado do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, exerceu o seu dereito ao voto ás 9:30 horas no IES Frei Martín Sarmiento.
Desde alí, Bará animou á participación dos cidadáns nestes comicios porque "é o que vai a garantir que voten e escollan o mellor para este país".
El mesmo asegurou que votou "con ilusión, con ganas e con esperanza de vivir un día histórico", despois dunha campaña que para o BNG foi "impresionante".
"Recibimos moito animo, moito apoio e moito entusiasmo da xente", sinalou o candidato nacionalista, que espera que esas sensacións confírmense este domingo cun apoio "masivo e amplo" á candidatura do BNG.
O deste 18 de febreiro, segundo Luis Bará, "é un día histórico" para Galicia porque "é o momento no que a xente co poder do seu voto vai escoller o futuro no que quere vivir" e mostrou a súa confianza de que "o noso pobo vai a estar á altura dunha data como a de hoxe".
Tras votar en Pontevedra, Bará explicou que dedicará a mañá para percorrer diversos colexios electorais por toda a provincia, especialmente naqueles municipios que non puido visitar durante a campaña e, posteriormente, pasará a tarde en compañía da súa familia.
O seguimento da noite electoral, xunto co resto de candidatos do BNG, farao en Santiago, na Nave de Vidán, onde o BNG quixo centralizar a súa actividade.
PONTÓN CONFÍA EN QUE OS GALEGOS "FAGAN HISTORIA"
Ana Pontón, a candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galicia, votou no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago, desde o que animou a que se rexistre unha participación "masiva" nas eleccións deste domingo.
Pontón, que espera que os galegos "fagan historia votando con ilusión e con esperanza para poñer en marcha un tempo novo", sostivo que unha ampla mobilización do electorado "é a mellor garantía para construír un futuro mellor".
A candidata nacionalista pediU á cidadanía que "falen e expresen" co seu voto nas urnas "que sanidade e educación públicas queren ou que futuro para a xente moza queren".
Tras votar, Ana Pontón explicou que pasará a xornada en familia, co seu compañeiro e coa súa filla Icía, antes de seguir o reconto electoral co resto de candidatos do BNG.
Relacionadas:
-
Ana Pontón: "Galicia xa cambiou. Esta campaña cambiouno todo e nunca nada volverá ser igual"
Por Natalia Puga |
-
Isabel Faraldo chama á participación para lograr "un cambio" en Galicia
Por Natalia Puga |
-
Marta Lois confía en que sexa "un día moi especial" e pide que "as urnas se enchan de papeletas"
Por Natalia Puga |
-
As "boas vibracións" de Besteiro fan que espere un "día histórico"
Por Oskar Viéitez |
-
A mobilización da tarde sobe a participación seis puntos por encima de 2020
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Homenaxe, vermú, camiñada, parapente, fútbol... unha xornada de reflexión moi variada
Por Natalia Puga |
-
Luis Bará pecha campaña en Pontevedra apelando á necesidade de "pontonizar" Galicia
Por Redacción |
-
Bará confía en que o tren de proximidade Vigo-Pontevedra sexa unha realidade en dous anos
Por Redacción |