O BNG de Poio destaca o "espírito construtivo" das emendas que presenta aos orzamentos municipais
Por Redacción
Marga Caldas, portavoz do grupo municipal do BNG en Poio, presenta as emendas aos orzamentos co obxectivo de reforzar as partidas destinadas a proxectos estratéxicos para Poio.
Expón que se trata dunhas emendas "con espírito construtivo, algo que o PP non fixo en 28 anos de oposición".
Reclama investimentos para a modificación puntual da bolsa de terreos adquiridos na antiga Canteira de Graña para construír o novo centro de saúde e tamén para equipamentos deportivos.
Tamén demanda partidas para rehabilitar as pistas de Monte Baldío de Raxó e lembra que só precisa iniciar a fase de licitación ao quedar os trámites canalizados no anterior mandato. Solicita un investimento de 60.000 euros para establecer un convenio de colaboración coa Comunidade de Montes de Samieira que permita desenvolver o Centro Deportivo base do ciclismo en Río de Bois
Nesta mesma materia propón a instalación de valos no campo de fútbol da Reiboa.
Critican a falta de coherencia por parte do goberno do PP que lidera Ángel Moldes ao "anunciar un presuposto de contención pública e aumentar a partida de postos de confianza".
O BNG pìde tamén dotar de partidas orzamentarias o Plan Xeral de Ordenación Municipal cun investimento de 30.000 euros para finalizar o novo documento. Neste sentido piden que se reduza o gasto do novo cargo eventual, que designará o goberno local, con cargo a partidas dos cargos de goberno con dedicación exclusiva e parcial para non incrementar o gasto en persoal político do Concello de Poio.
Marga Caldas incide en que Moldes prometeu durante o últimos oito anos unha baixada do IBI á veciñanza de Poio e que a rebaixa dos impostos anunciada agora non será efectiva ata 2025 "sendo unha redución simbólica para ou presuposto xeral".
Relacionadas:
-
O PP aproba o orzamento de 14,7 millóns de euros para o 2024 en Poio
Por Redacción |
-
Cochón, do PP de Poio: "As emendas do BNG aos orzamentos son unha falta de respecto aos veciños de Poio"
Por Redacción |
-
Case 800.000 euros para renovar instalacións deportivas en trece concellos da área de Pontevedra
Por Redacción |
-
O PSOE ve "decepcionante" o orzamento de Poio para 2024: "reflicte á perfección as mentiras de Ángel Moldes"
Por Redacción |
-
"Máis asesores, menos xestión e cero investimentos", así resume o BNG de Poio o orzamento municipal
Por Oskar Viéitez |
-
Convocado o consello veciñal de Poio para participar na elaboración dos orzamentos municipais
Por Redacción |
-
O Concello de Poio baixa un 5% o imposto de circulación e a taxa dos vaos
Por Oskar Viéitez |