Mientras esto dure #17: Médicos en folga e COVID-19

Mientras esto dure #17: Médicos en folga e COVID-19

Lun | 21:00 | 21:22

Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) inicia ás 00.00 horas deste martes unha xornada de folga en todo o territorio español. O detonante final que levou á protesta é o Real Decreto Lei 29/2020 con medidas urxentes en materia de recursos no Sistema Nacional de Saúde para facer fronte á COVID-19. O doutor Ramón Barreiro Paz, delegado en Galicia da Confederación, explica onde estriban os prexuízos que denuncian do Decreto Lei.

Barreiro Paz é médico de Urxencias no Hospital Comarcal do Salnés. Advirte: a situación sanitaria actual en Galicia: "é realmente preocupante ... de persistir esta tremenda liña ascendente, o sistema de atención sanitaria pode chegar ao colapso".

Mentres isto dure

A covid-19 colocounos nunha nova realidade. Mentres isto dure, así nos cambia a vida.

RADIO.- Este martes folga de 24 horas entre a profesión médica, por que?

Por |

O doutor Ramón Barreiro Paz é delegado en Galicia da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos, que xunto a outras sete entidades médicas, convocan unha folga de 24 horas que se repetirá mensualmente. En PontevedraViva Radio explica o detonante da protesta

 

Mientras esto dure #49

Sab | 12:00 | 12:37

Juan Turnes, coordinador de hospitalización covid no CHOP amáis de xefe do Servizo de Dixestivo.

Descargar
Mientras esto dure #49
Fechar