Mientras esto dure #17: Médicos en folga e COVID-19
Lun | 21:00 | 21:22
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) inicia ás 00.00 horas deste martes unha xornada de folga en todo o territorio español. O detonante final que levou á protesta é o Real Decreto Lei 29/2020 con medidas urxentes en materia de recursos no Sistema Nacional de Saúde para facer fronte á COVID-19. O doutor Ramón Barreiro Paz, delegado en Galicia da Confederación, explica onde estriban os prexuízos que denuncian do Decreto Lei.
Barreiro Paz é médico de Urxencias no Hospital Comarcal do Salnés. Advirte: a situación sanitaria actual en Galicia: "é realmente preocupante ... de persistir esta tremenda liña ascendente, o sistema de atención sanitaria pode chegar ao colapso".