![Mentres isto dure #41: Sen máscaras, ansia ou prudencia?](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/df1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/60be032584-609fd5f749-08052021-saiz-bares-terrazas-ambiente_-4.jpg)
Mentres isto dure #41: Sen máscaras, ansia ou prudencia?
Lun | 21:00 | 21:12
O micrófono de PontevedraViva Radio sae á rúa para chequear unha vez máis o parecer dos cidadáns. Preguntamos sobre a posibilidade de que a finais deste mes de xuño ou o próximo xullo, o uso das máscaras non sexa obrigatorio en espazos abertos. Que sensacións ten a poboación? prima a ansiedade por quitalas?, existe temor a non levar este elemento de protección?
Entre a diversidade de opinións, un elevado número de persoas aluden a algo que consideran fundamental á hora de sentirse máis seguros sen máscara: o proceso de vacinación.