![Mentres isto dure #21: Plataforma de Afectados polo covid Pontevedra](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/aaa/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5fbbf559e7-1-a-radio.jpg)
Mentres isto dure #21: Plataforma de Afectados polo covid Pontevedra
Lun | 21:00 | 21:25
Autónomos de múltiples sectores e igualmente traballadores que ven perigar o seu emprego, están en ertes ou no peor dos casos perderon o seu traballo, teñen a súa disposición ao novo colectivo chamado Plataforma de Afectados polo Covid Pontevedra. O seu obxectivo é sumar apoios e entre todos conseguir "que as Administracións estean á altura das circunstancias e dos cidadáns" para saír adiante, sinalan Jacobo Barragáns e Esteban Pampín.