Mentres isto dure #24: Máscaras +COM

Mentres isto dure #24: Máscaras +COM

Lun | 21:00 | 21:14

Charlamos con Joan Zamora, presidente da Federación de Asociacións de Implantados Cocleares, AICE, para falar das máscaras +com , "máscaras con xanela" que ademais, cumpren cos requisitos para dispoñer dos certificados oficiais sanitarios existentes para a súa utilización. 

Esta entidade puxo en marcha ademais a campaña 'Dez mil máscaras para dez mil sorrisos' que estes días recibía en Pontevedra o premio Xuntos Avanzamos que ofrecía XOGA, a Organización de Diversidade Sensorial de Galicia.

Mentres isto dure

A covid-19 colocounos nunha nova realidade. Mentres isto dure, así nos cambia a vida.

 

Fechar