![Mientras esto dure #5: Do FIJeB ás Noites de Jazz](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/a59/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5f1ebd1e27-antilia.jpg)
Mientras esto dure #5: Do FIJeB ás Noites de Jazz
Lun | 21:00 | 21:20
A COVID19 obrigou ao Concello a reformular o consolidado e exitoso Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra, de forma que as noites de jazz da capital pasan a levar o nome de formacións locais. Antilia son os encargados de abrir as 'Noites de jazz'.
María Costas e Jose Churruca soben ao escenario da praza de España este martes 28 de xullo, a partir das 22.30 horas. Para a ocasión amplían o seu formato habitual e acompáñanse de dus amigos: Luís Felipe Fernández, ao saxofón e Mario Grau ao piano. Ademais estréase María García como baixista de Antilia e tamén estará Toño Rodríguez á batería.A súa actuación ademais ofrecerase tambíen por streaming, contando coa colaboración doutro pontevedrés vinculado á imaxe, o director Pablo Cacheda e Pablo Viñas á fronte do son.