![Mentres isto dure #22: Análise de augas residuais e covid-19](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/607/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5fc688d0cd-5fc4f32a52-figueras-foto-def.jpg)
Mentres isto dure #22: Análise de augas residuais e covid-19
Lun | 21:00 | 21:27
O estudo dun equipo internacional de científicos, no que participaron membros do Centro Superior de Investigacións Científicas - concretamente do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo - conclúe que: analizar as bacterias da augas residuais axuda a predicir a propagación do coronavirus. Antonio Figueras, investigador do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, dependente do CSIC, considera que "é algo que debería establecerse desde a Comisión Europea para estendelo a todos os países; e non só para saúde humana".
E, que se fai en Pontevedra?. Desde PontevedraViva Radio iniciáronse xestións no mes de outubro con Viaqua; posteriormente co Concello de Pontevedra e finalmente coa Xunta de Galicia desde a que se indicou que con motivo das obras que se está acometendo na estación depuradora de Praceres decidiuse non realizar estas analíticas en Pontevedra.