![Mentres isto dure #20: Maiores e COVID-19](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/3af/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5fb27f27e8-img_20201116_140830.jpg)
Mentres isto dure #20: Maiores e COVID-19
Lun | 21:00 | 21:24
Falamos con Rocío Carbón Sueiro, vogal da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía da poboación de máis idade, tanto quen vive de forma autónoma, como quen o fai nunha residencia. Ademais como directora dunha residencia de maiores na provincia de Pontevedra, pode contar en primeira persoa como están a ser os últimos oito meses para o persoal que traballa nestes centros.
Apela: "en cada área sanitaria necesitamos un centro integrado onde derivar os casos positivos e así evitar que se contaxien o resto de persoas maiores. Insistimos desde o mes de marzo que as residencias non son hospitais, non temos capacidade para illar dunha maneira efectiva".