Ainhoa Fervenza Celestino
Relatos
Pregúntanme se a problemática da sanidade non é igual en todo o Estado. Pregúntanme se non é algo que se ten que resolver dende outras instancias e non dende o goberno da Xunta. E pregúntanme iso porque non estamos explicando ben o por que a sanidade está desmantelándose en Galicia, pero tamén noutras partes de España. Hoxe vou desmontar o "relato populista" que culpa ao Goberno de España actual do drama que estamos a vivir, inda que me quedará por explicar as aportacións a este drama do goberno de Feijoo na Xunta, pero queda para outro artigo.
Tamén vos digo unha cousa, se o que queredes é unha explicación simplista, vos podedes quedar co mantra de que todo está mal e xa está, pero se queredes saber un pouco mais sobre a verdade, ides ter que facer o esforzo de ler.
Problema principal da sanidade: Falla de persoal médico, como pode pasar isto?
Situación:
1. Cando un mozo ou moza remata os seis anos de estudo na facultade de medicina e quere traballar no Sistema Nacional de Saúde, ten que facer dous anos mais de prácticas coma médico interno residente, o denominado MIR, e despois aprobar ese duro exame.
2. Unha vez teñen ese diploma do MIR debaixo do brazo, teñen que agardar a que dende o Ministerio de Sanidade (que é quen ten a competencia) convoque as prazas da Formación Sanitaria Especializada (FSE) que son catro ou cinco anos mais de formación da súa especialidade, que os capacita para traballar dentro do sistema de saúde pública.
Análise:
É aquí onde temos o problema. Como xa dixen correspóndelle ao Ministerio de Sanidade sacar a convocatoria destas prazas de FSE, sen as cales non hai novas persoas especialistas en ningunha rama da medicina.
Se por algún motivo o Ministerio de Sanidade non saca as prazas necesarias para que todos os postos da saúde estean cubertos, cando terminen eses cinco anos, teremos un problema.
Poñamos por exemplo que en 2015 se convocan menos prazas de FSE que os especialistas que se estiman necesarios no 2020, iso consecuentemente xerará que cando chegue 2020 teremos problemas para cubrir as prazas.
Polo tanto no 2015 non nos imos a dar conta desta falcatruada, porque teremos as persoas especialistas que comezaron a súa formación no 2010, e no 2016 teremos os que comezaron a súa formación no 2011, pero cando chegue 2020 teremos só as que comezaron a súa formación no 2015, e xa a temos montada. Canto mais se fai isto durante moitos anos seguidos, ano a ano sumaremos eses postos desertos.
Datos:
1.- Convocáronse dende o ano 2011 menos prazas de FSS que no ano anterior, ata o 2018 que se comezou a reverter a situación.
2.- Ademais, convocáronse moitas menos prazas de FSE que dos que aprobaron o MIR. Existe polo tanto unha bolsa de persoas que se están a retomar.
Pregunta e Resposta:
Cando comezamos a notar que non tiñamos suficientes médicos? No 2019.
Quen gobernaba no 2013? O presidente Mariano Rajoy.
De que partido é o Señor Rajoy? Que eu saiba do Partido Popular.
Por que sacaron menos prazas das que se ían necesitar? Quen o saiba que o diga...porque a min sáeme o demo pola boca, e non quero.
Porqué non temos especialistas suficientes? Eu penso que é branco e en botella...