Ainhoa Fervenza Celestino
As leis da natureza
As veces semella que todo te leva o mesmo sitio. Non fan mais que chegarme noticias, lecturas, comentarios sobre a principal diferencia entre as formas de relacións dos humanos ca do resto dos animais.
Resulta, e estou totalmente de acordo, que un dos factores que poñen o dedo no eixo na nosa evolución é cando comezamos a coidar os da nosa especie. Por exemplo, podes pensar no que lle ocorre a unha formiga cunha patiña trabada, ou un tigre cunha ferida, ou nunha elefanta que o parto deixouna danada, nese momento eses seres son vulnerábeis, inda que poderían repoñerse nun intervalo de tempo mais ou menos curto se os coidasen, pero as leis da natureza son inapelables e ditan "sentenza a morte". A formiga, o tigre e a elefanta teñen que estar sempre no máximo do seu esplendor vital, por iso non hai animais vellos en liberdade, porque no momento que algunha capacidade lles falle son unha presa doada para as demais especies e un perigo para os seus.
Quizais un dos momentos mais importantes da especie humana sexa ese, o momento no que un "home ou muller primitivos" deciden, e son quen de convencer ao grupo, de coidar doutro membro que está mancado, procurándolle alimento e dándolle cobixo ata que sane, ben pode ser unha perna rota ou unhas febres altas, así ata que volte a estar en condicións físicas que lle permitan valerse.
Que é o que lles empurra a facelo? Imaxino que non son os sentimentos os que o motivaron, inda que nos vaia a mente cara o romanticismo de Hollywood, senón mais ben unha acción utilitarista, probablemente se deran conta de que perder a ese homínido ou homínida era peor que deixalo morrer para o grupo.
Penso que ese momento é crave na nosa historia, porque foron capaces de deixar de perder compoñentes, de poñer na balanza que era mellor para o colectivo, se deron conta de que o mellor era coidar os compoñentes da comunidade; mentres que a natureza sentenciaba a morte as demais especies nos conseguimos que a nosa esperanza de vida medrara, acumulamos coñecementos e puidemos transmitilos, así coma xerar unha organización en comunidade. Avanzamos coidándonos e protexéndonos dos perigos.
Agora os perigos seguen aí. Non queremos velo, pero o principal perigo para a nosa comunidade somos nos mesmos.
O compromiso pactado de que todos e todas temos que coidar os membros da tribo xa non existe, e así soamente nos preocupamos unicamente polo que nos afecta directamente a nos nun circulo moi pechado, o palpable, e iso non fai febles e vulnerábeis.
Non nos damos conta de que a nosa tribo é moito mais ampla que a dos nosos ancestros, a nosa chega ata os gobernos que son quen de administrar esa protección xeral, a que da os coidados. A desidia polo colectivo é a tónica xeral, a falla de interese en manter o que nos coida e nos protexe, neste caso a saúde, pero tamén o podemos levar a educación, e mesmo a ecoloxía. Semella que temos gañas de chegar "involucionando" a ese momento no que soamente mirábamos por nos, polo noso embigo, e se o que está o carón non se pode valer por el ou ela mesma, pois que lle imos a facer son as leis da natureza.
Iso si, cando mánana manques ti a túa perniña e non haxa ninguén que te bote unha mano, porque non defendiches o de todos e todas, ao mellor lémbraste de porque somos distintos o resto de comunidades animais.